Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega
|
|
|
- Lizbeth Mathews
- 9 years ago
- Views:
Transcription
1 Análise e evolución da Galipedia, a Wikipedia en lingua galega Adrián ESTÉVEZ IGLESIAS [email protected] Benedicto RIOBÓ VILLANUEVA [email protected] (Administradores da Galipedia) 1. A GALIPEDIA A Galipedia é o nome co que se coñece a versión en lingua galega da Wikipedia, unha enciclopedia colaborativa aberta ás achegas de todas as persoas que queiran participar. O seu contido abrangue os máis diversos temas, aceptándose as diversas correntes de pensamento sempre que estas non sexan agresivas coas demais. A Wikipedia, ao ser unha enciclopedia colaborativa en liña, ten dúas grandes diferenzas con respecto ás enciclopedias clásicas: un crecemento desorbitado e unha gran capacidade de recoller e adaptar información de forma practicamente inmediata. En moitas ocasións, as novas transcendentes ou os óbitos de personalidades pasan a formar parte da Galipedia en cuestión de horas ou mesmo de minutos. A información tomada da rede procede en certa medida dos outros proxectos wiki (na actualidade existen wikipedias en 283 linguas). A enciclopedia emprega a licenza pública xeral de GNU. É unha licenza de tipo copyleft para contidos libres, que permite a copia mencionando a procedencia. A Wikipedia, na súa versión en lingua inglesa, apareceu o 15 de xaneiro de 2001, lanzada por Jimmy Wales e Larry Sanger. A versión en lingua galega apareceu o 8 de marzo de 2003, creada por un editor da wikipedia en interlingua. No mes de xullo dese mesmo ano rexistrouse o que sería o primeiro administrador da Galipedia, o usuario Agremon. Un ano despois da súa fundación acadábase a cifra dos 1000 artigos. Dende entón o proxecto comezou a medrar, tanto en número de usuarios como en número de entradas, chegándose ás páxinas en novembro de 2005, e dobrándose esta cifra un ano despois. Nesas datas completouse a creación dos artigos de todos os concellos galegos e de todos os países do mundo, e apareceu a nova versión da páxina de Portada da Galipedia. No ano 2006 multiplicouse o número de artigos e creouse o Xornal da Galipedia, un medio para informar do que sucede na wiki. Coa chegada dos artigos estreouse nova Portada e novo Portal da Comunidade despois de meses de traballo, e numerosos medios fixeron Creación anual de novos artigos na Galipedia (aproximada) ISSN:
2 referencia a este fito. A partir desa data o ritmo de crecemento foi duns 1000 artigos mensuais ata os últimos meses, nos que aumentou significativamente. 2. FACTOR HUMANO Gravado da cabeceira de A Nosa Terra Calquera persoa pode editar na wikipedia, máis alá da súa idade, intereses ou lugar de procedencia. O único requisito é contar con acceso á rede. Pode editarse de forma anónima, ou rexistrándose como usuario ou usuaria habitual. Ao se rexistrar, a persoa pode crear a súa propia páxina, onde se adoita contar quen é e que intereses ten. O poder editar de forma libre implica que de cando en vez se leven a cabo edicións vandálicas, que pode reverter calquera persoa. Porén, para evitar edicións non útiles feitas de forma reiterada por alguén, o seu enderezo IP ou a súa conta de usuario pode ser bloqueada, ben por un tempo determinado ou indefinido. A acción de bloquear a alguén só pode ser levada a cabo polos administradores. Estes son usuarios con experiencia no funcionamento interno da wikipedia, e elixidos pola comunidade. En xaneiro de 2012 a Galipedia contaba con 9 administradores. Á súa vez, un usuario só pode ser nomeado administrador por un burócrata. Estes usuarios adoitan ser administradores con maiores coñecementos técnicos (programación), e con maior relación con outras wikipedias e coa fundación Wikimedia. Tamén son elixidos pola comunidade, e a comezos de 2012 a Galipedia tiña 3 burócratas. Cada usuario rexistrado ten unha páxina de conversa para poder comunicarse co resto de editores. Porén, para tratar os temas comúns, existe a Taberna; alí créanse páxinas de debate, resólvense dúbidas puntuais, infórmase das novidades e abórdanse outros aspectos relacionados co mundo wiki. Conta con 7 apartados: novas (acontecementos recentes e novidades relacionados coa wiki), políticas (creación ou reformulación das normas), técnica, propostas (ideas novas), axuda, imaxes e xeral. A Galipedia deu pé a unha comunidade de persoas que colaboran no mesmo proxecto, con intereses similares a pesar das múltiples diferenzas de procedencia, como a idade, a xeografía ou a ideoloxía. Esta comunidade realiza encontros nos que se fala da historia da Galipedia, da súa realidade presente e dos seus obxectivos futuros. As persoas non só colaboran a través da rede, senón que se levaron a cabo diversos proxectos de difusión da Galipedia, como obradoiros en centros educativos. Esta difusión tamén apareceu recollida nos medios de comunicación, aparecendo entrevistas a persoas usuarias en medios escritos, radio e televisión. Máis alá da mera relación arredor da enciclopedia, tamén existe un elo de amizade formado no seu seo. Curiosamente, unha das eivas da Galipedia, común a todas as Wikis segundo diferentes estudos, é a escasa presenza de editoras. 3. CONTIDOS A Portada é a páxina principal dunha wikipedia. No caso concreto da Galipedia, conta con catro apartados principais: unha imaxe destacada que muda semanalmente, dous artigos destacados que mudan cada mes (un deles relacionado directamente con Galiza), e as efemérides de cada día. Amais, hai unha ligazón ao artigo sobre a importancia do mes en curso na cultura popular galega. As imaxes e os artigos destacados son propostos e elixidos pola comunidade. A temática dos artigos tratados é moi ampla. Só unha parte deles (arredor dun 30%) están relacionados directamente con Galiza, e nos que non o están, búscase na medida do posible falar da relación con Galiza (por exemplo, no artigo de Citroën fálase da planta de Vigo). Cada persoa que edita ten uns intereses persoais, nos que centra as súas achegas. Con todo, a través da redacción de artigos na Wikipedia chégase a novas inquedanzas, e moita xente que comeza tratando un tema concreto, comeza a colaborar noutros artigos totalmente distintos a través de afinidades transversais. Os artigos de calidade cumpren con certos requisitos: ser completo e entendible, estar co- 154
3 rrectamente redactado, seguir o libro de estilo, e ter imaxes relacionadas. En xaneiro de 2012 había sete artigos de calidade: Castelao, Ramón Piñeiro, Lugo, Hórreo galego, Estatuto de Autonomía de Galiza de 1936, Club Baloncesto Breogán e Reino de Galiza. Existen artigos sobre os 315 concellos galegos, e están a completarse todas as parroquias e moitos dos lugares da nosa xeografía. Amais, está ben completa a lista de illas, cabos ou ríos galegos, e existe tamén información sobre os montes, praias, covas ou lagoas. Da xeografía internacional, existe información sobre todos os estados actuais e as súas capitais, de todas as provincias españolas e estados estadounidenses, e información abondo de cidades importantes para a cultura galega, como Bos Aires. A respecto da historia, trátanse os percorridos das diferentes civilizacións. A historia de Galiza, conta con numerosos artigos propios, desde as diferentes épocas da prehistoria (megalitismo, cultura castrexa...), a romanización, a aparición do reino de Galiza, a Ilustración, até a actualidade contemporánea. Desde a chegada de Décimo Xunio Bruto até o proceso de fusión das caixas galegas, pasando polas incursións dos viquingos, as revoltas irmandiñas, a batalla de Ponte Sampaio ou a catástrofe do Prestige. Ao tempo, hai artigos relativos ao patrimonio arqueolóxico e arquitectónico dos diferentes Imaxe dun Boteiro en Vilariño de Couso. José Pereira. períodos: desde os restos megalíticos até a Cidade da Cultura, pasando polas catedrais, os pazos, os poboados castrexos, as fortalezas medievais, os templos romanos ou o Pórtico da Gloria. Parte deste patrimonio, declarado Ben de Interese Cultural e mesmo Patrimonio da Humanidade (casos do casco histórico de Compostela, camiño de Santiago, muralla de Lugo e Torre de Hércules) merece especial atención. Respecto á literatura galega, unha das prioridades iniciais foi facer artigos das persoas homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Durante o 2011 traballouse profundamente no artigo de Valentín Paz-Andrade, homenaxeado no Actualmente existen non só artigos da maior parte das autoras e autores das nosas letras, senón tamén boa información sobre as correntes literarias, as editoriais, e numerosas obras de narrativa, verso ou ensaio. Procúrase non deixar de lado a literatura universal ao longo da historia, e, así, existen artigos das personalidades galardoadas co Premio Nobel de Literatura, e das obras escritas máis importantes. Recóllense tamén aspectos como os diferentes recursos estilísticos empregados. A lingua galega, non podía ser doutro xeito, aparece amplamente reflectida. Desde a súa historia, até as variedades dialectais e normativas actuais, a súa presenza na sociedade ou a súa fonoloxía. Procúrase tamén facer artigos sobre as linguas que teñen a súa propia Wikipedia (283 en xaneiro de 2012), incluídas algunhas artificiais como o esperanto, e outras de pouco uso na actualidade como o latín. Son amplamente tratados outros aspectos da cultura como a relixión e a mitoloxía, amais da cultura popular. A pegada da relixión católica en Galiza reflíctese non só no patrimonio arquitectónico dos templos, desde os prerrománicos até os barrocos, senón no imaxinario común. Con todo, aparecen recollidos moitos mitos e lendas precristiáns con forte pegada. A Galipedia recolle tamén a importancia da gastronomía nas diferentes culturas. Algúns campos das ciencias experimentais tamén aparecen relacionados con Galiza. A bioloxía abrangue a flora e fauna galega, desde os diferentes tipos de salmónidos pescados nos nosos ríos até as herbas de San Xoán ou os dife-rentes tipos de carballos, por poñer dous exemplos. Con todo, tamén hai oco para outros aspectos alén da realidade máis próxima. Así, hai numerosos artigos de astronomía, como as lúas de 155
4 Caravilleiro dunha Fender Stratocaster. Bene Riobó. Saturno, estrelas de galaxias máis afastadas (incluídas as constelacións xa estudadas polos nosos devanceiros), ou os diferentes foguetes lanzados no século XX ao espazo. Por suposto, ao ser unha enciclopedia en liña, dáselle moita importancia ao papel das novas tecnoloxías e a súa aplicación no ensino, desde a educación primaria até a universidade. E ao ser unha enciclopedia aberta á edición e á lectura, fálase das licenzas de dereitos de autoría aplicadas ao software informático: desde a súa historia até a programación e edición das diferentes utilidades. Outro campo de importancia na Galipedia é o das personalidades. Aparecen recollidas persoas con importancia nos seus campos de traballo, desde as diferentes xefaturas de estado actuais, as persoas premiadas cos premios Nobel ou Óscar, os papas e antipapas da igrexa católica apostólica romana ao longo do tempo, membros da selección de rugby de Nova Celandia, ou os diversos Partido de rugbi. Ddfree. alcaldes e alcaldesas galegas, por poñer exemplos diversos. Hai información completa sobre personalidades do audiovisual (desde Chano Piñeiro ou Isaac Fraga até Woody Allen ou Theo Angelopoulos), da música (de Andrés do Barro a Ian Curtis ou Lady Gaga), deporte (Arsenio Iglesias, Usain Bolt) ou empresariado (Amancio Ortega, Bill Gates). Procúrase que estas personalidades teñan imaxe de seu. Moitas das persoas colaboradoras adoitan ter un aquel de xornalista, pois procuran levar a cámara a eventos como recitais poéticos, concertos, encontros deportivos, presentacións de libros ou plenos municipais. Isto facilita que exista un fondo de imaxes importantes para unha enciclopedia, desde fotos de escavacións arqueolóxicas na procura de persoas fusiladas na guerra civil ao funeral de Manuel Fraga. 4. ESTATÍSTICAS Vaiamos cuns poucos datos da Galipedia. No mes de decembro do ano 2011 a Wikipedia en galego acadou a cifra dos artigos creados, o que a sitúa no número 43 das 283 existentes. Con respecto á creación de novas entradas, talvez o principal dato que reflicte a evolución dunha Wikipedia, no ano 2011 creáronse unha media duns 1000 artigos cada mes, e este ritmo mantense dende o ano 2008, a pesar de que nos últimos meses se está a apreciar un aumento na aparición de novas entradas (no mes de decembro de 2011 superáronse os 2000 artigos novos). Non se trata dun mal número tendo en conta o número de persoas galegofalantes, pero a cantidade de entradas pode ser un dato que leve a engano. Un dos principais obxectivos da Galipedia é achegar artigos de calidade, e que estes sexan realmente útiles para quen busca esa información. De nada serve ter máis de entradas se estas apenas teñen contido e non deixan de ser meros bosquexos. Neste sentido, hai uns certos factores numéricos que miden a calidade dunha Wikipedia. Ben é certo que non deixan de ser números, pero con eles é posible facerse unha idea do esforzo empregado nas achegas dos usuarios e usuarias. A fundación Wikimedia elaborou un estudo baseándose nos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter. Neste tivéronse en conta varios datos. Por unha banda o tamaño medio dos artigos, dividíndose estes, dependendo da súa extensión, 156
5 en bosquexos, artigos e artigos longos. Mediuse tamén a cantidade de edicións, xa que cantas máis revisións, menos erros deberían ter. E por último a cantidade de editores: un artigo elaborado por un único editor pode ter un certo grao de subxectividade, pero se se trata dunha páxina elaborada por multitude de persoas distintas o seu resultado resulta máis obxectivo. A intención deste estudo era medir a calidade das distintas Wikipedias, e neste sentido a nosa Galipedia tiña a comezos de 2012 un honroso posto 36. Solpor na praia de Carnota. Ramón Piñeiro. Actualmente o número de usuarios rexistrados supera os , pero este dato pode levar tamén a equívocos. A gran maioría destes son persoas que apenas realizaron edicións na Galipedia, usuarios que un día se rexistraron, fixeron unha edición e non regresaron; moitos outros son asiduos doutras Wikipedias que teñen contas en varias linguas e ás veces fan pequenas tarefas. Un dato máis realista é o número mensual de editores: no noso caso preto de 300 persoas realizaron edicións no mes anterior a escribir este texto. 5. TRABALLO INTERNO O traballo de creación e corrección non é o único a realizar dentro da Galipedia. Ante tal cantidade de artigos, a pesar de non ser tantos como noutras moitas Wikipedias, é necesario pensar a súa organización, intentar uniformizar os contidos de artigos da mesma temática, corrixir erros, crear modelos ou vixiar edicións vandálicas, entre outras tarefas. É ben certo que o traballo de creación é o que máis satisfacción dá á meirande parte dos usuarios, pero o resto dos traballos é necesario para os que gozamos saltando dun artigo a outro. Un dos labores máis importantes é o da categorización dos artigos. Como norma cada entrada debe estar incluída nun dos grandes bloques temáticos nos que está organizada a Galipedia. Na actualidade posuímos catro grandes categorías: matemáticas e ciencias naturais, arte e cultura, filosofía e ciencias sociais, e ciencia e tecnoloxía. Cada unha delas á súa vez vai dividíndose en distintas categorías que permiten ter todas as achegas organizadas e facilita a navegación e a procura de información relacionada. Outra tarefa importante, que é unha das grandes vantaxes da Wikipedia, é a integración de ligazóns no texto, que se inclúen cuns sinxelos comandos á hora da edición. Existen tres tipos de ligazóns: as ligazóns internas, visibles en cor azul, e que permiten saltar a outros artigos existentes na propia wiki premendo a palabra no texto co vínculo; os chamados interwikis, que levan cara á mesma entrada nas Wikipedias doutras linguas (podemos atopalas nunha columna na parte esquerda da pantalla); e as ligazóns externas, que conducen a páxinas externas á wikipedia, moitas das veces páxinas web oficiais do suxeito do artigo, onde poder ver información relacionada. Un dos aspectos máis vixiados é a ortografía. Desde a creación da Galipedia no 2004 non houbo mudanzas nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega, pero existen aínda moitas incorreccións, ben por confusións coa norma anterior (*traducción, *sen embargo...), castelanismos (*surleste, *mentras...), vulgarismos ou hipergaleguismos. En moitos casos, á hora de editar pode axudar o simple uso dun corrector automático do navegador. A propia Galipedia conta cun detector de erros frecuentes para os artigos xa editados. E existen bots (editores automáticos) aos que se lles pode encargar que corrixan por si mesmos certos erros, como mudar *mentras por mentres, por exemplo. Outro dos aspectos importantes é a redacción, toda vez que se evita a presenza de certas fórmulas pouco enciclopédicas, como o uso da primeira persoa (podemos ver...), as apreciacións persoais (o mellor pintor da historia...) ou as indefinicións temporais (actualmente...). Con todo, debe dicirse que existe un alto nivel de corrección na Galipedia; neste senso cómpre salientar que os artigos novos son revisados polos usuarios e usuarias máis experimentados. 157
6 Un aspecto importante, como xa se adiantou un pouco máis arriba, é a inclusión de imaxes nas entradas. Non é un tema sinxelo, pois moitos usuarios novos tenden a subir imaxes tiradas da internet e integralas nas páxinas, pero a política de imaxes da Galipedia só permite o uso de contido libre. Todos os ficheiros subidos deben contar cunha licenza que permita o seu uso na Wikipedia, ademais doutros datos que faciliten a súa categorización e nos ofrezan información. Debido á imposibilidade de poder incluír na Galipedia calquera imaxe, faise entón necesario conseguir fotografías que cumpran estes requisitos para que ilustren moitas das entradas. Este é un labor interesante para moitos galipedistas, e na actualidade existe un proxecto para ilustrar todas as parroquias galegas. Os artigos novos adoitan ser revisados e mellorados. Porén, existe aínda un certo número deles con problemas: artigos pendentes de tradución, duplicados (con diferente nome pero co mesmo contido), con problemas de estilo (sen formato wiki, sen categorías ou sen interwiki), sen referenciar, orfos (sen artigos que liguen cara a el), ou con categorías pantasma (categorías aínda non creadas). Outro tipo de problema é que algúns artigos non teñen contido relacionado con Galiza ou que, pola contra, só están centrados nos aspectos galegos dese asunto. Tamén existen imaxes pendentes de revisar, ao non estar clara a súa orixe ou a licenza coa que foron subidas. Un dos aspectos nos que maior autocrítica hai é na profundidade dos artigos. Aínda que aumenta o número de artigos, é importante que os xa existentes medren e se actualicen correctamente (por exemplo, que no artigo dun estado se actualice a presidencia se existen eleccións). Queda aínda moito traballo que facer por diante, pero aos poucos, e coa colaboración de todos os que se animen a participar no proxecto, agardamos que a Galipedia continúe a ser un espazo de referencia do coñecemento en lingua galega na rede. 158
Ayudas e incentivos para empresas
Ayudas e incentivos para empresas Referencia: 51256 Anual: X Actualizado a: 18/01/2016 Bases de la convocatoria del programa de subvenciones de agricultura dirigido a las entidades asociativas agrarias
XH 1º Aula 3D, Vicens Vives, autores: Albert Mas, A. e outros ISBN: 978-84-682-3121-1
RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO IMPRESO PARA O CURSO 2015-2016 Curso e etapa Autor, Título, Editorial, Ano de publicación e ISBN Lingua da edición LENGUA CASTELLANA LENGUA CASTELLANA E
O Software Libre nas empresas de Galicia. Edición 2013
SI O Software Libre nas empresas de Edición 13 Edita: Xunta de Presidencia Axencia para a Modernización Tecnolóxica de (AMTEGA) Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico
Segunda lingua estranxeira: lingua inglesa
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Guía didáctica do alumnado de bacharelato semipresencial Segunda lingua estranxeira: lingua inglesa Ensinanza Tipo de documento
Entrenamiento a Embajadores Ambassador training
Entrenamiento a Embajadores Ambassador training Quiénes somos? Who we are? Levanta la mano si Please raise your hand if a. b. c. d. e. f. g. h. Hablas español You speak spanish Hablas Inglés You speak
CiUG COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA
XUÑO 2001 Opción 1: I don t think that television has contributed much to our lives; in fact it gives us by its own nature a wrong slant. Perhaps the cardinal weakness in its development arose from its
PLANTAS INVASORAS DE GALICIA. Bioloxía, distribución e métodos de control » PLANTAS INVASORAS DE GALICIA. Bioloxía, distribución. e métodos de control
Bioloxía, distribución e métodos de control» PLANTAS INVASORAS DE GALICIA Bioloxía, distribución e métodos de control» PLANTAS INVASORAS DE GALICIA » PLANTAS INVASORAS DE GALICIA Bioloxía, distribución
Types of Software and Accurate Educations
PERFIL SOCIOLÓXICO DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SOCIAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO E ANÁLISE DA VALORACIÓN QUE FAI DA ELECCIÓN DA CARREIRA Antonio Vara Coomonte Mª Montserrat Castro Rodríguez Universidade
A CUESTIÓN RELIXIOSA: FE, FILOSOFÍA E CIENCIA
MÁSTER EN FILOSOFÍA. CUESTIÓNS ACTUAIS GUÍA DOCENTE 2015-16 A CUESTIÓN RELIXIOSA: FE, FILOSOFÍA E CIENCIA 1. INFORMACIÓN BÁSICA DESCRICIÓN A materia ten o código P5121208. É unha materia optativa do segundo
Anexo III. Medio socioeconómico
Anexo III. Medio socioeconómico PLAN DIRECTOR da Rede Natura 2000 de Galicia 26-Xaneiro-2011 PLAN DIRECTOR da Rede Natura 2000 de Galicia 26-Xaneiro-2011 Anexo III. Medio socioeconómico Cofinanciado FEDER
Unha achega á historia da edición en Galiza: Lugo nos anos do franquismo
Unha achega á historia da edición en Galiza: Lugo nos anos do franquismo A Contribution to the History of Publishing in Galicia: Lugo during the Franco Regime Carme Fernández Pérez-Sanjulián Universidade
abrir además ahí ahora algo alguno alto amor años
abrir además ahí ahora algo alguno alto amor años 2012 2013 Houston Independent School District 1 antes aquello aquí así atención aunque ayudar bailar bajar 2012 2013 Houston Independent School District
Opción 1: Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.
Opción 1: Read the text and the instructions to the questions very carefully. Some tourists prefer to travel in groups, with their holiday planned in advance for them, on what are known as package tours.
Ano 14 2ª época Nº 48 Marzo 2006 Experiencias pedagóxicas e informes
Ano 14 2ª época Nº 48 Marzo 2006 Experiencias pedagóxicas e informes RGE A LINGUAXE NO TRASTORNO AUTISTA: DESCRICIÓN E INTERVENCIÓN Santiago López Gómez Universidade de Santiago de Compostela Consuelo
Facts About Persoal Sanitario
Edita Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar Secretaría Xeral da Igualdade Coordinadora: Mercedes Oliveira Malvar Autoras: Mercedes Espinosa Arévalo (Médica pediatra) Mercedes Oliveira Malvar (Doutora
How To Know If An Ipod Is Compatible With An Ipo Or Ipo 2.1.1 (Sanyo)
IntesisBox PA-RC2-xxx-1 SANYO compatibilities In this document the compatible SANYO models with the following IntesisBox RC2 interfaces are listed: / En éste documento se listan los modelos SANYO compatibles
2 AXENDA DIXITAL DE GALICIA
co 2 AXENDA DIXITAL DE GALICIA Edita: Xunta de Galicia. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia - AMTEGA. Fotografías: Turismo de Galicia. Fotografías cedidas exclusivamente para a Axenda Dixital
PROGRAMACIÓN DE APLICACIÓNS JAVA CERTIFICACIÓN OFICIAL JAVA PROGRAMMER (SCJP) (70 horas)
PROGRAMACIÓN DE APLICACIÓNS JAVA CERTIFICACIÓN OFICIAL JAVA PROGRAMMER (SCJP) (70 hras) OBXECTIVOS Ofrecer a alumn fundaments mi sólids na platafrma de desenrl Java Platfrm SE. Dtar as participantes dun
RELACIÓN DE LIBROS COLEGIO SAN JOSE. CURSO 2014-2015
RELACIÓN DE LIBROS COLEGIO SAN JOSE. CURSO 2014-2015 Concello: LUGO Teléfono: 982221501 1º EP GREAT EXPLORES CLASS BOOK (OXFORD) 9780194507080 GREAT EXPLORES ACTIVITY BOOK (OXFORD) 9780194507011 ARTS AND
ArcHC_3D research case studies (FCT:PTDC/AUR/66476/2006) Casos de estudo do projecto ArcHC_3D (FCT:PTDC/AUR/66476/2006)
ArcHC_3D research case studies (FCT:PTDC/AUR/66476/2006) Casos de estudo do projecto ArcHC_3D (FCT:PTDC/AUR/66476/2006) 1 Casa de Valflores - Loures 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Capela de S. Frutuoso
PROCEDIMIENTOPARALAGENERACIÓNDEMODELOS3DPARAMÉTRICOSA PARTIRDEMALLASOBTENIDASPORRELEVAMIENTOCONLÁSERESCÁNER
PROCEDIMIENTOPARALAGENERACIÓNDEMODELOS3DPARAMÉTRICOSA PARTIRDEMALLASOBTENIDASPORRELEVAMIENTOCONLÁSERESCÁNER Lopresti,LauraA.;Lara, Marianela;Gavino,Sergio;Fuertes,LauraL.;Defranco,GabrielH. UnidaddeInvestigación,DesaroloyTransferencia-GrupodeIngenieríaGráficaAplicada
INGLÉS OPCIÓN 1. Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.
OPCIÓN 1 Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English. Some employers recruit graduates after a half hour personal interview. This is done in
Figuras planas, propiedades métricas
Figuras planas, propiedades métricas Contidos 1. Ángulos na circunferencia Ángulo central e ángulo inscrito 2. Semellanza Figuras semellantes Semellanza de triángulos, criterios 3. Triángulos rectángulos
INDICE. Páxina 2 de 41
Manuall de Usuariio Serviizo de Correo Ellectróniico INDICE 1 Introdución... 4 1.1 Iniciar unha sesión de correo Webmail... 4 1.2 Cambiar o tipo de vista do correo... 6 2 Correo... 8 2.1 A bandexa de entrada...
T h u r s t o n T h o m p s o n
Thurston Thompson Espello venecián, ca. 1700, en Grove House 23 x 17,25 cms. (V&A 32608) Charles Thurston Thompson e o proxecto fotográfico ibérico Lee Fontanella XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE CULTURA
Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia
Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia 2011 GI-1934 Terreo & Biodiversidade Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural Universidade de Santiago Campus de Lugo Proposta de
learning science through inquiry in primary classroom Overview of workshop
Indicators of teaching and learning science through inquiry in primary classroom Wynne Harlen UK Overview of workshop Part 1: Why IBSE? What do we want to achieve through it? Part 2: Thinking about how
IV CARREIRA SOLIDARIA: CORRE CON IMPLICADAS
IV CARREIRA SOLIDARIA: CORRE CON IMPLICADAS CONTEXTO XERAL Implicadas/os no Desenvolvemento (www.implicadas.com) é unha organización crítica e feminista de cooperación ao desenvolvemento fundada en 1998
Comprendo o meu entorno. Manual de accesibilidade cognitiva para persoas con trastorno do espectro do autismo
Comprendo o meu entorno Manual de accesibilidade cognitiva para persoas con trastorno do espectro do autismo Comprendo o meu entorno Manual de accesibilidade cognitiva para persoas con trastorno do espectro
Coñecendo Ubuntu co SO.xug Introdución aos Sistemas Operativos Libres
Coñecendo Ubuntu co SO.xug Introdución aos Sistemas Operativos Libres 10-14 de xuño de 2013 Oficina de Software Libre Universidade da Coruña [email protected] Obxectivos do curso Coñecementos previos Afondar
PAU XUÑO 2010 INGLÉS
PAU XUÑO 2010 Código: 11 INGLÉS OPCIÓN A Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English. Treasures of the Earth examines the geology which affects
A story-based approach to teaching English. - A classroom experience -
- A classroom experience - Begoña Illán Martínez Primary bilingual school teacher Abstract To learn a second language using stories can be one more tool to reach the curriculum goals. Stories can be used
INGLÉS. OPCIÓN 1 Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.
OPCIÓN 1 Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English. Like it or not, teachers are still expected to be suitable role models for their students.
Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Anualidade 2007 1.1.- DENOMINACIÓN DO TÍTULO 1.- DESCRICIÓN DO TÍTULO. MÁSTER 1.2.- UNIDADE/S PARTICIPANTE/S UNIVERSIDADE/S PARTICIPANTE/S - Universidade de Vigo UNIVERSIDADE/S COORDINADORA/S - Universidade
Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2015-2018
. Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2015-2018 XUNTA DE GALICIA Consellería de Sanidade Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública Santiago de Compostela,
Estudos de xénero na literatura e na cultura
FACULTADE DE FILOLOXÍA Estudos de xénero na literatura e na cultura Mª Consuelo de Frutos Martínez Teresa Moure Pereiro GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2015/2016 FACULTADE DE FILOLOXÍA. AUTORES: Mª Consuelo
CRM: customer relationship management: o revolucionário marketing de relacionamento com o cliente P
CRM: customer relationship management: o revolucionário marketing de relacionamento com o cliente Download: CRM: customer relationship management: o revolucionário marketing de relacionamento com o cliente
FACULTY OF HUMANITIES AND SOCIAL SCIENCES CAMPUS CANTOBLANCO
Análisis de la Realidad Social Social Reality Analysis 3 1st Sem. 1º Psychology Aprendizaje y condicionamiento humano Human Learning and Conditioning 6 Annual 1º Psychology Taller de Crecimiento Personal
PAU XUÑO 2013 HISTORIA DA FILOSOFÍA
XUÑO 2013 OPCIÓN A Lea atentamente o seguinte e texto de PLATÓN e a partir del responda as cuestións que se formulan. Teña en conta que se trata de cue stións int errelacionada s. Procure integrar as respostas
Home vol.3 - Bathrooms - Scenes & Shapes
Baños-1 Bathrooms-1 modelos 3D para usuarios Strata 3D models for Strata users Manual de referencia Reference manual Escenas y shapes listos para usar con alto nivel de detalle Scenes & Shapes ready to
PAU XUÑO 2011 INGLÉS
XUÑO 2011 OPCIÓN A Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English. In his autobiography, Below the Surface, 2008 Olympic swimming sensation Michael
Learn-Portuguese-Now.com presents... 100 PHRASES. What Did You Say? by Charlles Nunes
Learn-Portuguese-Now.com presents... English-Portuguese Flash Cards 100 PHRASES What Did You Say? by Charlles Nunes English-Portuguese Flash Cards 100 Phrases Congratulations! By downloading this volume
Cambridge IGCSE. www.cie.org.uk
Cambridge IGCSE About University of Cambridge International Examinations (CIE) Acerca de la Universidad de Cambridge Exámenes Internacionales. CIE examinations are taken in over 150 different countries
Design of Scalable PGAS Collectives for NUMA and Manycore Systems
Design of Scalable PGAS Collectives for NUMA and Manycore Systems Damián Álvarez Mallón Ph.D. in Information Technology Research University of A Coruña, Spain Ph.D. in Information Technology Research
Universidade de Vigo e atención á diversidade: inclusión educativa de estudantes con Síndrome de Asperger
Universidade de Vigo e atención á diversidade: inclusión educativa de estudantes con Síndrome de Asperger Manuel Ojea Rúa Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Vigo. E-mail: [email protected].
General Certificate of Education Advanced Level Examination June 2014
General Certificate of Education Advanced Level Examination June 2014 Spanish Unit 4 Speaking Test Candidate s Material To be conducted by the teacher examiner between 7 March and 15 May 2014 (SPA4T) To
Prova escrita de conhecimentos específicos de Inglês
Provas Especialmente Adequadas Destinadas a Avaliar a Capacidade para a Frequência dos Cursos Superiores do Instituto Politécnico de Leiria dos Maiores de 23 Anos - 2012 Instruções gerais Prova escrita
ICT education and motivating elderly people
Ariadna; cultura, educación y tecnología. Vol. I, núm. 1, jul. 2013 htpp://ariadna.uji.es 3 RD International Conference on Elderly and New Technologies pp. 88-92 DOI: http://dx.doi.org/10.6035/ariadna.2013.1.15
O triunfo do teatro físico
Nº 61 - Maio 2015 O triunfo do teatro físico Farsantes Teatro, gañadores do Xuventude Crea de teatro, explícannos Vincent Iniciativa Xove sobre deseño 3D en Valga Entrevista coa cantautora Sofía Espiñeira
INTELIGENCIA DE NEGOCIO CON SQL SERVER
INTELIGENCIA DE NEGOCIO CON SQL SERVER Este curso de Microsoft e-learning está orientado a preparar a los alumnos en el desarrollo de soluciones de Business Intelligence con SQL Server. El curso consta
UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso 2008-2009 (Junio)
UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso 2008-2009 (Junio) MATERIA: INGLÉS INSTRUCCIONES GENERALES Y VALORACIÓN l. Lea todo el texto cuidadosamente.
UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso 2008-2009 (Modelo)
UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso 2008-2009 (Modelo) MATERIA: INGLÉS INSTRUCCIONES GENERALES Y VALORACIÓN l. Lea todo el texto cuidadosamente.
Response Area 3 - Community Meeting
September 2010 Greetings, Welcome to the Independence Division, Response Area 3 monthly community letter. Please check the Independence Division Response Area map at www.cmpd.org/patrol to see which area
Guidelines for Designing Web Maps - An Academic Experience
Guidelines for Designing Web Maps - An Academic Experience Luz Angela ROCHA SALAMANCA, Colombia Key words: web map, map production, GIS on line, visualization, web cartography SUMMARY Nowadays Internet
Apersoa e a obra de Rosalía de Castro suscitaron
Rosalía de Castro e a antropóloga feminista inglesa Annette Meakin C A T H E R I N E D A V I E S 16 Apersoa e a obra de Rosalía de Castro suscitaron un enorme interese nos países anglofalantes, especialmente
Tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA)
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Protocolo Tratamento educativo do alumnado con trastorno do espectro do autismo (TEA) Imaxe portada: O símbolo pictográfico utilizado de ARASAAC
Como sabemos que lo funcional y lo estético son importantes para ti, te ofrecemos diferentes acabados y colores.
A En Rejiplas fabricamos y comercializamos organizadores y soluciones de espacio para el hogar. Hacemos realidad tus proyectos e ideas optimizando todos los ambientes. Nuestros herrajes y soluciones están
Entry to Year 7 - Information for Parents
Entry to Year 7 - Information for Parents Key Names: Mrs Elizabeth Batchelor - Head of the Secondary School Mr Darren Roth - Head of Key Stage Three Miss Karen Britcliffe - Head of Pastoral Care Groupings
INFORMATION DOSSIER WORK EXPERIENCE EUROPEAN SCHOOL ALICANTE
INFORMATION DOSSIER WORK EXPERIENCE EUROPEAN SCHOOL ALICANTE YEAR 2015-2016 INDEX 1. GENERAL 2. INTRODUCTORY LETTER 3. GUIDE FOR BUSINESSES / GUÍA PARA LAS EMPRESAS. 4. CONFIRMATION FORM / CARTA DE CONFIRMACIÓN.
INGLÊS. Aula 13 DIRECT AND INDIRECT SPEECH
INGLÊS Aula 13 DIRECT AND INDIRECT SPEECH Direct(Quoted) And Indirect(Reported) Speech Você pode responder esta pergunta: "What did he/she say?" de duas maneiras: - Repetindo as palavras ditas (direct
Plan de Acción Titorial. Facultade de Fisioterapia
R1-DO-0203 P1 Plan de Acción Titorial Plan de Acción Titorial Facultade de Fisioterapia Aprobación Xunta de Centro 26 /07/2013 Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade 1 Presentación 2 Ficha básica
SEMINARIO 082 María Xosé Agra Romero. Cidadanía e corpos políticos 093 Montse Romaní. Políticas espaciais
SEMINARIO 082 María Xosé Agra Romero. Cidadanía e corpos políticos 093 Montse Romaní. Políticas espaciais 003 María Ruido. Algunhas notas sobre corpos, olladas, palabras e accións en tempos de (ins)urxencia
DESIGNING A DESCRIPTOR BASED SYLLABUS PROPOSAL
DESIGNING A DESCRIPTOR BASED SYLLABUS PROPOSAL Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo ABSTRACT One of the concerns of the current Mexican educational policy is the syllabus design which is an
Prova Escrita de Inglês
EXAME NACIONAL DO ENSINO SECUNDÁRIO Decreto-Lei n.º 74/2004, de 26 de março Prova Escrita de Inglês 10.º e 11.º Anos de Escolaridade Continuação bienal Prova 550/2.ª Fase 8 Páginas Duração da Prova: 120
EXAME DE PROFICIÊNCIA EM INGLÊS PARA PROCESSOS SELETIVOS DE PROGRAMAS DE PÓS-GRADUAÇÃO DA UFMG
IDIOMA ÁREA Centro de Extensão da Faculdade de Letras da Universidade Federal de Minas Gerais CENEX-FALE/UFMG Av. Antonio Carlos, 6627 Faculdade de Letras Sala 1000-A Belo Horizonte - MG - CEP: 31270-901
THINK SUCCESS MAKE IT HAPPEN ANNA NOT MISSING HER ENGLISH CLASS. myclass AN ENGLISH COURSE THAT FITS YOUR LIFE
THINK SUCCESS MAKE IT HAPPEN ANNA NOT MISSING HER ENGLISH CLASS myclass AN ENGLISH COURSE THAT FITS YOUR LIFE Porquê myclass Why myclass? A importância do Inglês é fundamental tanto na construção da sua
Marta Zorrilla Universidad de Cantabria
Tipos de problemas Marta Zorrilla Universidad de Cantabria Slides from Tan, P., Steinbach, M., Kumar, V. Introduction to data mining. Pearson Prentice Hall. 2006 Data Mining Tasks Prediction Methods Use
«Este repto ético é crucial na história da humanidade e não é impraticável. Procuramos novos
«Este repto ético é crucial na história da humanidade e não é impraticável. Procuramos novos modelos económicos por estarmos disconformes com o atual, evidentemente, mas também por um facto inquestionável
REOP. Vol. 15, N o 2, 2 o Semestre, 2004, pp. 5-11 ESTUDIOS FUND UTILISATON FOR GOODS AND SERVICES IN UNIVERSITY PRODUCTION UTILIZACIÓN DE FONDOS ECONÓMICOS DESTINADOS A BIENES Y SERVICIOS DE LA UNIVERSIDAD
Present Simple. Uses Examples Adverbs of frequency / Time expressions
UNIT 1 Adventure Travel Present Simple FORM Affirmative Negative Interrogative I / You work I / You do not (don t) work Do I / you work? He / She / It works He / She / It does not (doesn t) work Does he
Seu servidor deverá estar com a versão 3.24 ou superior do Mikrotik RouterOS e no mínimo 4 (quatro) placas de rede.
Provedor de Internet e Serviços - (41) 3673-5879 Balance PCC para 3 links adsl com modem em bridge (2 links de 8mb, 1 link de 2mb). Seu servidor deverá estar com a versão 3.24 ou superior do Mikrotik RouterOS
Estimated Average Glucose: New Way to Assess Glucose Control
Detail-Document #240702 This Detail-Document accompanies the related article published in PHARMACIST S LETTER / PRESCRIBER S LETTER July 2008 ~ Volume 24 ~ Number 240702 Estimated Average Glucose: New
Dicionario de pronuncia da lingua galega
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA REAL ACADEMIA GALEGA Dicionario de pronuncia da lingua galega Xosé Luís Regueira Este dicionario foi elaborado a partir dos resultados do proxecto Dicionario fonético galego,
EXAME DE PROFICIÊNCIA EM IDIOMA INGLÊS PARA PROCESSOS SELETIVOS DE PROGRAMAS DE PÓS-GRADUAÇÃO DA UFMG
IDIOMA ÁREA DE PESQUISA Centro de Extensão da Faculdade de Letras da UFMG Av. Antonio Carlos, 6627 Faculdade de Letras Sala 1000-A Belo Horizonte - MG - CEP: 31270-901 ING 2 EXAME DE PROFICIÊNCIA EM IDIOMA
Schema XML_PGE.xsd. element GrupoInformes. attribute GrupoInformes/@version. XML_PGE.xsd unqualified qualified http://sgpfc.igae.minhap.
Schema XML_PGE.xsd schema location: attribute form default: element form default: targetnamespace: XML_PGE.xsd unqualified qualified http://sgpfc.igae.minhap.es/xmlpge element GrupoInformes children Informe
(PT) Identidade visual Euro Football 7-a-Side - Maia 2014 Versão - Logótipo Principal
Versão - Logótipo Principal Version - Main Logo Conceito de logomarca: A figura humana, com esta forma, pretende representar a figura dos jogadores como indistintos dos outros jogadores de futebol e a
ASP.NET MVC 5 FRAMEWORK ANALYSIS. PROTOTYPE SYSTEM FOR INTERNAL CONTROL TIME USE OF HUMAN RESOURCES CREATEC S.A.
FICA, VOL. 1, NO. 1, FEBRERO 2015 1 ASP.NET MVC 5 FRAMEWORK ANALYSIS. PROTOTYPE SYSTEM FOR INTERNAL CONTROL TIME USE OF HUMAN RESOURCES CREATEC S.A. Author-Jimmy Fabricio GÓMEZ CADENA Universidad Técnica
boletín de ofertas de emprego
de Compostela 15 de decembro de 2014 297 boletín de ofertas de emprego Concellaría de Economía, Emprego, Comercio e Turismo Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n 15707 de Compostela 981 543 060 [email protected]
Ditos espallados por Europa e máis alá dela: O substrato máis antigo do Lexicon of Common Figurative Units 1
Ditos espallados por Europa e máis alá dela: O substrato máis antigo do Lexicon of Common Figurative Units 1 Elisabeth Piirainen Steinfurt, Alemaña O tema deste ensaio son os ditos que existen nunha morea
