Anexo III. Medio socioeconómico



Similar documents
O Software Libre nas empresas de Galicia. Edición 2013

Ayudas e incentivos para empresas

2. IFEVI: Instituto Ferial de Vigo

Comisión da Titulación de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas (ETIS) Resumo da reunión do 31 de Marzo de 2006

Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia

O Software libre nas Pequenas e Medianas Empresas de Galicia. Edición 2012 Ano 2011

2 AXENDA DIXITAL DE GALICIA

(*)Grao en Enxeñaría Informática Descriptors ECTS Credits Type Year Quadmester. 6 Optional 4th 1st Galician

Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS)

Types of Software and Accurate Educations

O PIB: Producto Interior Bruto. Definición Modos de cálculo As insuficiencias del PIB

PLANTAS INVASORAS DE GALICIA. Bioloxía, distribución e métodos de control » PLANTAS INVASORAS DE GALICIA. Bioloxía, distribución. e métodos de control

Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible

Segunda lingua estranxeira: lingua inglesa

The value of unpaid bills of exchange decreases 21.6% in April, as compared with the same month of 2014

PROGRAMACIÓN DE APLICACIÓNS JAVA CERTIFICACIÓN OFICIAL JAVA PROGRAMMER (SCJP) (70 horas)

General Certificate of Education Advanced Level Examination June 2014

CiUG COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

Prova escrita de conhecimentos específicos de Inglês

Universidade de Vigo e atención á diversidade: inclusión educativa de estudantes con Síndrome de Asperger

Department of Psychology, Education and Careers

ArcHC_3D research case studies (FCT:PTDC/AUR/66476/2006) Casos de estudo do projecto ArcHC_3D (FCT:PTDC/AUR/66476/2006)

EUROPARC-Spain and the Spanish system of Protected Areas

Management effectiveness evaluation: for the CBD and for better parks Principles for MEE Methodologies

Guidelines for Designing Web Maps - An Academic Experience

The INE presents the new statistical operation Household Projection

Design of Scalable PGAS Collectives for NUMA and Manycore Systems

Revista Semanal EN PORTADA NOVAS FORMACION BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS NOVAS DE EMPREGO / 2 / 8 / 9 / 12 / 15

Average household water consumption stood at 130 litres per inhabitant per day, that is, 3.7% less than in 2012

PROCEDIMIENTOPARALAGENERACIÓNDEMODELOS3DPARAMÉTRICOSA PARTIRDEMALLASOBTENIDASPORRELEVAMIENTOCONLÁSERESCÁNER

Ano 14 2ª época Nº 48 Marzo 2006 Experiencias pedagóxicas e informes

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO. Anuncio

Average household water consumption stood at 137 litres per inhabitant per day, that is, 3.5% less than in 2011

INGLÊS. Aula 13 DIRECT AND INDIRECT SPEECH

INTELIGENCIA DE NEGOCIO CON SQL SERVER

SUITABILITY OF RELATIVE HUMIDITY AS AN ESTIMATOR OF LEAF WETNESS DURATION

TRAYECTORIAS DE HURACANES Y FENOMENOS CLIMATICOS

The population registered in the Continuous Municipal Register decreased by 404,619 persons, standing at 46.7 million persons in the last year

LOCAL VOLUNTEERING IN EUROPE. Mila Oreiro Artak Mkrtichyan European projets, entrepreneurship and network department

SIX no IIT: Investigación e Aplicacións

Community diagnosis of the environmental problematic: an example from Chihuahua City, Mexico


A Região Administrativa Especial de Macau situa-se no 6.º lugar da Economia mais livre na Região da Ásia Pacifico

Statistics on R&D Activities Final results. Year 2013

Opción 1: Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.

Innovation in Companies Survey Year Final results

EXAME DE PROFICIÊNCIA EM INGLÊS PARA PROCESSOS SELETIVOS DE PROGRAMAS DE PÓS-GRADUAÇÃO DA UFMG

Reviviendo al emprendedor Schumpeteriano

COMPILACIÓN DE ARTICULOS DE INVESTIGACIÓN OCTUBRE 2010.

Marta Zorrilla Universidad de Cantabria

Identificación y evaluación de los riesgos asociados a la cadena de suministro (CBI).

REVISTA INVESTIGACIÓN OPERACIONAL Vol. 30, No.2,

Ultraviolet index estimated in Badajoz (Spain) using a multiband radiometer

(PT) Identidade visual Euro Football 7-a-Side - Maia 2014 Versão - Logótipo Principal

INGLÉS OPCIÓN 1. Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.

Standardization of the Freshwater Ecosystems in South America

EU project to bridge digital divide in Latin America

Gafisa and Tenda: A Case Study

Modelos & Marcos de Referencia para Redes Inteligentes

English Financial Terms / Términos Financieros Español

PAU XUÑO 2014 QUÍMICA

Adapting the Spencer model for diffuse solar radiation in Badajoz (Spain)

EMPLOYMENT INTEGRATION: The role of associations of people with mental illness and their families

A COMPARISON BETWEEN KOREA AND TURKEY

Industrial Companies Survey Year 2013

Addressing Climate Change & REDD+ Using Indigenous Peoples Traditional Knowledge & Practices

(Para cubrir no "Diario Oficial de Galicia) SUMARIO:

Survey on ICT and Electronic Commerce Use in Companies 2011/12

How To Know If An Ipod Is Compatible With An Ipo Or Ipo (Sanyo)

SOLICITUD DE DEVOLUCIÓN, REALIZADA POR UN CONTRIBUYENTE, DE RETENCIONES SOBRE DIVIDENDOS OBTENIDOS A PARTIR DE 1 DE ENERO DE 2011.

Verbos modales. In this class we look at modal verbs, which can be a tricky feature of English grammar.

Comments on Draft OECD/IOPS Good Practices on Pension Fund s Use of Alternative Investments and Derivatives

Spanish Grammar II. Tierra Encantada Charter School. Contact Number: (505)

Immigration and Regional Growth in Spain * by J. Ignacio Conde-Ruiz** Juan Ramón García*** Maria Navarro*** DOCUMENTO DE TRABAJO

Entrenamiento a Embajadores Ambassador training

DESIGN OF ACTION PLANS AGAINST NOISE IN NAVARRE, SPAIN

HARVESTING AND WOOD TRANSPORT PLANNING WITH SNAP III PROGRAM (Scheduling and Network Analysis Program) IN A PINE PLANTATION IN SOUTHEAST BRAZIL 1

Service Sector Turnover - Other than seasonal Effect

INGLÊS. 2 a Etapa SÓ ABRA QUANDO AUTORIZADO. Duração desta prova: TRÊS HORAS. UNIVERSIDADE FEDERAL DE MINAS GERAIS FAÇA LETRA LEGÍVEL.

ENVIRONMENT: Collaborative Learning Environment

The Effects of European Structural Funds in the Spanish Regions Using CGE Models: a review

Facts About Persoal Sanitario

AP SPANISH LITERATURE 2009 SCORING GUIDELINES

LEARNING MASTERS. Explore the Northeast

Journal of Business Case Studies Spanish Edition 2010 Volume 6, Number 7

INGLÉS. OPCIÓN 1 Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.

In Spain, 56,030 titles were published in 2014, that is, 0.7% less than in the previous year

LOS ANGELES UNIFIED SCHOOL DISTRICT REFERENCE GUIDE

Chapter 10 Physical Development from One to Three

El concepto 360+ nace de la propuesta de unir ambientes dentro de un mismo espacio, sin renunciar a sus diferentes necesidades.

boletín de ofertas de emprego

NADABAS. Report from a short term mission to the National Statistical Institute of Mozambique, Maputo Mozambique April 2012

EuroRec Repository. Translation Manual. January 2012

IV CARREIRA SOLIDARIA: CORRE CON IMPLICADAS

COMPARATIVE INTER-INSTITUTIONAL STUDY OF STRESS AMONG DENTISTS

Resumen de Entrevista: Asociación de Agentes de Aduana del Puerto de Manzanillo

Identificación del material AICLE

EVALUATION OF GRASS (5.0.3) USING THE COMMON GIS FUNCTIONALITIES

La Comunidad Económica Europea. Oportunidades de financiación de la UE para investigación e innovación

Dyna ISSN: Universidad Nacional de Colombia Colombia

Transcription:

Anexo III. Medio socioeconómico PLAN DIRECTOR da Rede Natura 2000 de Galicia 26-Xaneiro-2011

PLAN DIRECTOR da Rede Natura 2000 de Galicia 26-Xaneiro-2011 Anexo III. Medio socioeconómico Cofinanciado FEDER

ANEXO III. Medio socioeconómico Dirección Técnica Ricardo García-Borregón Millán Rogelio Fernández Díaz Belén Bris Marino Dirección Xeral de Conservación da Natureza Consellería do Medio Rural Xunta de Galicia Equipo redactor Pablo Ramil Rego Rafael Crecente Maseda Belén de Nóvoa Fernández Javier Ferreiro da Costa Marco Antonio Rubinos Román Boris Alejandro Hinojo Sánchez Grupo de Investigación 1934-TB IBADER Campus de Lugo Universidade de Santiago de Compostela Enrique Urcola Fernández-Miranda Patricio Aguilar Cavanillas Lucía Martínez de la Fuente Consulting e Ingeniería Internacional S. A. (CIISA) I

Limiar O Tratado Constitutivo da Unión Europea establece no seu artigo 174 que a política da Unión no ámbito do medio ambiente contribuirá, entre outros, a garantir a conservación e a protección e a mellora do medio ambiente. En coherencia con estes aspectos, a Comisión Europea, promulgou a DC 92/43/CEE, coñecida como Directiva Hábitat, que asumía os principios do Cumio de Río de Janeiro de 1992, e que fixaba como obxectivo fundamental propiciar o mantemento da biodiversidade no ámbito territorial da Unión Europea, ao tempo que se teñen en conta as esixencias económicas, sociais, culturais e rexionais. Para acadar o seu obxectivo principal, a DC 92/43/CEE crea unha rede ecolóxica europea coherente de zonas especiais de conservación, denominada «Natura 2000», composta polos lugares que alberguen tipos de hábitats naturais e por hábitats de especies, dos que deberán garantir o mantemento ou, no seu caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable, e na que tamén se inclúen as zonas designadas conforme ás disposicións da DC 2009/147/CE. O Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado mediante a Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, recolle no seu artigo 27.30 a competencia exclusiva para ditar normas adicionais de protección do medio e a paisaxe, nos termos do artigo 149.1.23a da Constitución. Os lugares que vertebran a Rede Natura 2000 en Galicia foron declarados polo Goberno Autónomico, ao amparo da Lei 9/2001, como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN), integrándose deste modo dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos. Pola súa banda, a Lei estatal 42/2007 designa estes espazos como Espazos Protexidos Rede Natura 2000. A articulación de medidas de xestión require, de acordo coa DC 92/43/CEE, a realización dun plan de xestión específico para os lugares da Rede Natura 2000, así como o establecemento de medidas regulamentarias e administrativas, acordes coas esixencias ecolóxicas dos tipos de hábitats e especies de interese para a conservación, e especialmente as contempladas nos anexos das DC 92/43/CEE e da DC 2009/147/CE. Instrumento de planificación e xestión, que se estrutura e adapta no presente documento, á figura do "Plan de Ordenación dos Recursos Naturais", prevista na Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, e na Lei 42/2007, complementando os obxectivos formulados nas propias normativas autonómica e estatal, cos obxectivos e directrices da Rede Natura 2000. O presente Plan contempla o ámbito de protección dos espazos, a identificación dos compoñentes clave para a conservación da biodiversidade e a avaliación das afeccións que poidan incidir no seu estado de conservación. A necesidade de dotar aos distintos espazos de criterios homoxéneos de planificación e ordenación, xustifica a inclusión dunha zonificación de usos para cada espazo, coherente coa distribución territorial dos valores naturais e cos usos do territorio. Acordes coa zonificación establécense as directrices de ordenación, incluíndo as normas de uso e aproveitamento do territorio e dos recursos naturais, destinadas a protexer e conservar ou mellorar dos hábitats naturais e das especies silvestres. En consecuencia, tendo en conta a declaración do pasado ano 2010 como Ano de Biodiversidade, e a presente declaración do ano 2011 como Ano Internacional dos Bosques, o presente Plan contribúe ao desenvolvemento sostible, tendo en conta que a conservación da biodiversidade poderá, en determinados casos, requirir o mantemento e mesmo o estímulo de determinadas actividades humanas. Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2011 II

Anexo III. Medio socioeconómico 1. Introdución 1 2. Dinámica de usos do solo 3 2.1 Trazos Xerais 5 2.2 Comparación con outras Comunidades Autónomas 11 2.3 Previsións futuras 14 3. Inventario do sistema socioeconómico 15 3.1 Poboación 16 3.2 Análise socioeconómico 26 4. Planeamento urbanístico 59 5. Servizos dos ecosistemas 67 5.1 Avaliación dos Ecosistemas do Milenio 68 5.2 Servizos de regulación 71 5.3 Servizos de provisión 79 5.4 Servizos culturais e de uso público 91 5.5 Biodiversidade e servizos dos ecosistemas 99 6. O financiamento da Rede Natura 2000 102 6.1 Análise dos tipos de custos 104 6.2 Os custos directos da Rede Natura 2000 105 7. Bibliografía 118 III

1. Introdución

1 Introdución Na avaliación dos procesos de sostibilidade se veñen considerando, habitualmente, as dimensións ambiental, económica e social de forma conxunta. Para a análise destas tres dimensións é crucial contar con información que permita coñecer a súa realidade (OSE, 2006). Por outra parte, o coñecemento da evolución temporal do territorio é un elemento clave para establecer as interaccións entre os procesos socioeconómicos e ambientais; os cambios dos ecosistemas afectan ao fluxo de servizos que estes prestan á sociedade, e estes a súa vez, ao benestar humano a diferentes escalas (Montes & Sala, 2007). No presente anexo preséntase nun primeiro lugar unha análise dos cambios de ocupación do territorio a partires dos datos proporcionados no informe Cambios de Ocupación del Suelo en España: Implicaciones para la Sostenibilidad elaborado polo Observatorio de la Sostenibilidad de España (OSE) no ano 2006 a partires do proxecto CORINE Land Cover (CLC); diferenciando para elo os principais grandes grupos nos que se poden dividir os usos do solo: superficies artificiais, zonas agrícolas, zonas forestais e humidais. A continuación preséntase unha breve caracterización da poboación da Comunidade Autónoma de Galicia dende un punto de vista socioeconómico e territorial; para elo realízase un inventario do medio socioeconómico que comprende unha breve análise da evolución histórica recente, a situación actual e as previsións futuras dos parámetros demográficos máis relevantes que caracterizan o territorio galego. Poñendo, a continuación, de manifesto as principais características da economía galega na actualidade a través de variables coma a actividade da poboación, a formación do mercado de traballo, os niveis de renda dos fogares e unha caracterización dos diferentes sectores de actividade ademais dun estudio da evolución dos parámetros socioeconómicos máis salientables para o conxunta da Comunidade. No seguinte apartado preséntase unha síntese do estado do planeamento urbanístico na actualidade no territorio galego. Para posteriormente analizar os diversos tipos de servizos prestados polos ecosistemas, dita análise abórdase dende o concepto de desenvolvemento sostible, o ámbito do cal 1

foi dividido conceptualmente en tres partes: ambiental, económica e social; empregando para elo a metodoloxía seguida no programa de traballo internacional Avaliación dos Ecosistemas do Milenio, programa deseñado para satisfacer as necesidades que teñen os responsables da toma de decisións e o público xeral, de información científica acerca das consecuencias dos cambios nos ecosistemas para o benestar humano e as opcións para responder a eses cambios. Finalmente, no derradeiro apartado preséntase o financiamento da Rede Natura 2000, facendo nun primeiro momento unha análise dos tipos de custos entre os que se atopan os custos directos de xestión e os custos indirectos; sendo os primeiros analizados no seguinte subapartado de modo xeral na Rede Natura 2000 e a continuación no caso particular da Rede Natura 2000 de Galicia; finalmente preséntase o cronograma e o programa económico- financeiro para o período 2011-2016 da Rede Natura 2000 en Galicia así coma as relacións custo por superficie (euro/ha) para o mesmo período. Figura 1.- O Humidal de Baldaio constitúe un bo exemplo no cambio de usos nos ecosistemas do espazo marítimoterrestre xa que gran parte da superficie ocupada por hábitats característicos do humidal na actualidade atópanse transformadas por diversos tipos de usos, estas transformacións se veñen producindo dende mediados do século XX afectando á naturalidade e ao estado ecolóxico do humidal. 2

2. Dinámica de usos do solo

2 Dinámica de usos do solo A análise dos cambios de ocupación do territorio que se producen como consecuencia das diversas actividades humanas sobre o territorio, e pola dinámica natural dos ecosistemas, constitúe un indicador de transcendental importancia para avanzar no coñecemento das potencialidades cara a un desenvolvemento máis sostible dun territorio (OSE, 2006). No presente apartado preséntanse os resultados para Galicia da dinámica de ocupación das coberturas de usos do solo nos períodos 1987-2000 e 2000-2005 a partir da información proporcionada polas bases de datos CORINE Land cover (CLC) 1990, CLC2000, CLC2006, CLC- Change 1990-2000 e CLC-Change 2000-2006. Englobadas dentro do Programa CORINE (Coordination of Information of the Environment), iniciado o 27 de xuño de 1985 en virtude dunha decisión do Consello de Ministros da Unión Europea (CE/338/85); pasando en 1995 a ser responsabilidade da Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA). A Autoridade nacional do proxecto é o Instituto Xeográfico Nacional- Centro Nacional de Información Xeográfica de España (IGN-CNIG) como Centro Nacional de Referencia en Ocupación do Solo. O proxecto CORINE Land cover (CLC) ten como obxectivo fundamental a captura de datos de tipo numérico e xeográfico para a creación dunha base de datos europea a escala 1:100.000 sobre a cobertura e uso do territorio e a permanente actualización de dita base de datos xeográfica. Provindo da información necesaria a obtención de indicadores de cambios de ocupación do territorio comparables entre distintas áreas. Para garantir isto e conseguir a máxima consistencia, a base de datos CLC fundamentase nunha nomenclatura de ocupación do solo única no ámbito europeo e unha metodoloxía de produción estandarizada claramente definida polo Equipo Técnico de Europa, permitindo así a realización de estudos no ámbito europeo e a comparación dos datos dos diferentes territorios con suficiente obxectividade (IGN, 2004). CLC describe a cobertura do terreo de acordo cun esquema xeral de clasificación xerárquico de tres niveis; o primeiro nivel intégrase por 5 clases (categorías xerais de coberturas do terreo), o segundo nivel se integra por 15 clases e nun terceiro nivel de detalle de 44 clases (Bossard et al., 2000). Con todo, as clases de coberturas empregadas no Proxecto CLC, poden resultar demasiado xerais con respecto ao sistema de unidades ambientais empregado no presente Plan, cuxo ámbito territorial se restrinxe á Rede Natura 2000, non existindo unha correspondencia directa entre elas. 3

Nas bases de datos de ocupación do solo CLC 1990, CLC 2000 e CLC 2006 a unidade mínima superficial cartografable é 25 ha e a anchura mínima dos elementos lineais 100 m. Mentres que nas bases de datos de cambio de ocupación do solo CLC- Change 1990-2000 e CLC- Change 2000-2006 a superficie da unidade mínima cartografable é de 5 ha manténdose a anchura mínima en 100 m. A elaboración das bases de datos CLC 1990 e CLC 2000 realizouse a través da fotointerpretación de imaxes de satélite principalmente do ano 1987 e dos anos 1999 e 2000. A Base de datos CLC 2006, pola súa parte foi elaborada a partir das Bases de datos CLC 2000 e CLC- Change 2000-2006 realizada mediante a fotointerpretación de imaxes de satélite do ano 2005. Unha parte esencial do proceso de elaboración do CLC 2000 foi a fase de verificación, validación e control de calidade do produto final. Sendo a exactitude temática de en torno ao 85% (JRC, 1997; JRC, 2005; IGN, 2006). A Base de datos de cambios CLC Change 1990-2000 xorde como resultado da intersección das bases de datos CLC 1990 e CLC 2000. Non obstante, os polígonos de diferenza non sempre se corresponden a cambios reais xa que unha parte dos polígonos de diferenza menores a 25 ha se corresponderen a cambios técnicos e unha parte importante de cambio real é omitida (cambios illados menores de 25 ha) (IGN, 2010). Por outra banda, o mapa de cambios resultado do cruzamento directo de CLC90 e CLC00 ten una confiabilidade do 72% (debido á exactitude temática do 85% de CLC90 e CLC00), o que significa que o 28% dos cambios, posiblemente, non sexan cambios senón errores temáticos na clasificación dos mapas (Mas et al., 2003; Pontius, R. G. y Lippitt, C., 2006). A xeración da Base de datos CLC Change 2000-2006, pola contra, realizouse a través da fotointerpretación directa de imaxes de satélite IMAGE2000 e IMAGE2006. Sendo un produto é independente, non derivado de CLC00 e CLC06. Obtendo así unha cobertura de europea de cambios reais superiores a 5ha, cun ancho maior de 100 m detectables en imaxes satélite independentemente da súa posición; é dicir, estando conectados ou non a un polígono existente do CLC2000 (IGN, 2010). Este enfoque proporciona resultados máis detallados, xa que os cambios menores a 25 ha e maiores a 5 ha son todos cartografados, independentemente da súa posición, mentres eses polígonos están parcialmente perdidos co antigo enfoque. O tipo de cambio identificado é tamén máis próximo á realidade xa que cartografa procesos de cambio real, xa que nos cambios proporcionados polo enfoque da intersección non se examina individualmente cál é o proceso real (IGN, 2010). Como resultado das diferentes metodoloxías descritas, CLC-Change1990-2000 e CLC-Change2000-2006 non poden ser comparados directamente ao ser xerados a partir de dúas metodoloxías diferentes, sendo a do período 2000-2006 a que proporcionará unha base de datos de cambios que se aproximará mellor á realidade (IGN, 2010). A raíz do proxecto CORINE LAND COVER (CLC) xurdiu en España o proxecto SIOSE (Sistema de Información de Ocupación do Solo en España) co obxectivo de integrar a información das Bases de Datos de coberturas e usos do solo das Comunidades Autónomas e da Administración Xeral do Estado. A escala de referencia do proxecto é de 1:25.000, mentres que as unidades espaciais mínimas de representación varían entre 0,5ha e 2ha en función dos elementos a cartografar. O modelo de Datos do SIOSE, baseado nos polígonos como unidades de traballo dentro dos que se establecen Usos (relacionados coas actividades socioeconómicas que se realizan sobre a superficie) e Coberturas (relacionadas directamente coas propiedades biofísicas do terreo), soluciona diversos problemas derivados da nomenclatura de CORINE Land cover, como a proliferación de clases mixtas debido a obrigatoriedade de asignar unha clase aos polígonos que conteñen diferentes categorías de cobertura do terreo; ou a problemática derivada de non reflectir variacións espaciais de importancia de certos parámetros da cobertura de territorio ao non integrarse na base de datos (Valcarcel et al, 2008). Non obstante, aínda non se dispoñen de datos que permitan a análise da dinámica da coberturas de usos do solo, xa que se establece unha periodicidade de 5 anos para a elaboración da cartografía tomando como referencia temporal o ano 2005. 4

2.1 Trazos xerais Segundo os datos CLC correspondentes ao ano 2005 a o territorio galego caracterízase polo predominio de coberturas forestais e espazos abertos (61% do territorio) acompañado de coberturas agrícolas (37%), orientadas á gandaría (principalmente prados e cultivos forraxeiros) e autoconsumo (hortas). As coberturas artificiais (que se compoñen de zonas urbanas; zonas industriais, comerciais e de transportes; zonas de extracción mineira, vertedoiros e de construción e zonas verdes artificiais, non agrícolas) representan o 1,7% do territorio, o poboamento atópase disperso por toda a xeografía, en parte asociada a usos agrícolas tradicionais polo que a maior parte desta superficie correspóndese con un tecido urbano discontinuo. Principais coberturas de ocupación do solo 2005 Figura 2.- Distribución das grandes clases de cobertura de usos do solo en Galicia no ano 2005 (CLC 2006). A partir das Bases de Datos CLC-Change 1990-2000 e CLC-Change 2000-2006 se obtiveron os principais cambios que se produciron nas coberturas de ocupación do solo no períodos 1987-2000 e 2000-2005 en Galicia. Non obstante, debido a diferenza nas metodoloxías empregadas, as bases de datos de cambios de ocupación do solo CLC-Change 1990-2000 e CLC-Change 2000-2006 non son comparables polo que os resultados se analizan de forma separada para os dous períodos (IGN, 2010). De forma xeral, estes datos indican para Galicia un mantemento do sistema territorial de Galicia con limitados cambios nas coberturas de usos do solo. Estes cambios apenas representan para o período 2000-2005 o 1,5% da superficie galega e o 2,7% se nos referimos ao período 1987-2000. Non obstante a maior parte destes cambios se relacionan con cambios no clase de cobertura dentro dunha mesma categoría xeral (por exemplo cambio no tipo de cobertura forestal ou cambio no tipo de cobertura agrícola). Así, se só temos en conta os cambios entre as distintas categorías de coberturas do solo os cambios rexistrados no período 2000-2005 tan só representan o 0,16% da superficie galega e o 0,6% no período 1987-2000. Estes reducidos cambios se poden asociar de forma maioritaria co incremento nas infraestruturas de transporte e zonas industriais e comercias e cos fluxos en ambos sentidos entre as coberturas forestais e agrícolas. 5

Cambios de ocupación do solo en Galicia 1987-2000 (CLC-Change 1990-2000) Figura 3.- Principais cambios na cobertura do solo entre 1987 e 2000. Fonte: Base de datos CLC-Change 1990-2000. 6

Cambios de ocupación do solo en Galicia 2000 2005 (CLC-Change 2000-2006) Figura 4.- Principais cambios na cobertura do solo entre 2000 e 2005. Fonte: Base de datos CLC-Change 2000-2006. 7

2.1.1 Coberturas forestais As coberturas forestais e espazos abertos delimitadas por CLC 2006 supoñen o 61% da superficie galega. Destas máis da metade (53%) están ocupadas por coberturas de vexetación arbustiva e diversos tipos de pasteiros. O 45% da cobertura forestal delimitada por CLC está ocupada por masas arboradas, sendo as formacións cultivadas (fundamentalmente plantacións de eucaliptos e piñeiros) a clase dominante. En baixa proporción aparecen as coberturas con áreas abertas con pouca ou sen vexetación, aínda que non por iso de menor importancia; inclúense nesta categoría as praias e dunas, afloramentos rochosos, espazos con vexetación escasa e zonas queimadas. A información proporcionada polas Bases de datos CLC-Change 1990-2000 e CLC-Change 2000-2006 relativos aos fluxos na superficies de coberturas forestais e espazos abertos indican unha limitada flutuación en ambos os dous períodos (diminución do 0,48% e 0,15% da superficie forestal nos períodos 1987-2000 e 2000-2005 respectivamente). A información de cambios nas coberturas do uso do territorio proporcionada por CLC indica que as formacións arbóreas viron diminuída lixeiramente a súa superficie en ambos os dous períodos, especialmente no máis recente (diminución do 0,5% e 1,9% da superficie con cobertura arbórea en 1987-2000 e 2000-2005); o menor detrimento no primeiro dos períodos débese fundamentalmente ao incremento nas plantacións de eucalipto. As coberturas de vexetación arbustiva e herbácea, pola súa parte, experimentaron unha diferente dinámica nos dous períodos, diminuíndo a súa superficie entre os anos 1987 e 2000 (0,5% da cobertura de vexetación arbustiva e herbácea) e incrementando a mesma no período 2000-2005 (incremento do 2% da cobertura de vexetación arbustiva e herbácea) debido fundamentalmente ao incremento das matogueiras boscosas de transición. Estes reducidos cambios na superficie da cobertura forestal e espazos abertos durante os dous períodos de estudo, relaciónanse fundamentalmente co proceso de artificialización seguido do proceso de transformación entre coberturas forestais e agrícolas. No primeiro caso, o proceso está determinado maioritariamente pola aparición de novas infraestruturas de transporte. Fluxos nas coberturas forestais e espazos abertos 4.000 3.000 2.000 1.000 0-1.000-2.000-3.000-4.000-5.000-6.000-7.000 Artificialización 1987-2000 2000-2005 Transformación a coberturas agrícolas Conversión de coberturas agrícolas a forestais Transformación de coberturas artificiais a forestais Figura 5.- Fluxos nas coberturas forestais de e espazos abertos durante os períodos 1987 e 2000 (CLC- Change 1990-2000) e 2000-2005 (CLC-Change 2000-2006). 8

2.1.2 Coberturas agrícolas Segundo os datos CLC 2006, as coberturas agrícolas representan máis da terceira parte do territorio galego (37%) aparecendo ocupadas maioritariamente por un mosaico de cultivos (64%). O predominio das zonas forestais e a importancia do sector forestal na economía rural, vense reflectidos en que máis dunha terceira parte das zonas cultivadas presentan importantes intersticios forestais. Outras coberturas como viñedos, terras de labor, praderías e cultivos anuais asociados con cultivos permanentes non chegan a representar o 1% da cobertura agrícola. Os datos relativos aos fluxos nas coberturas agrícolas en CLC- Change 1990-2000 e CLC- Change 2000-2006 indican que as coberturas agrícolas en Galicia experimentaron unha moi reducida dinámica nestes dous períodos; diminuíndo en 1.300 ha no período 1987-2000 como resultado fundamentalmente da transformación de cultivos con importante vexetación natural a coberturas artificiais e á conversión de terreos con cobertura forestal en coberturas agrícolas. En canto ás novas superficies agrícolas, a maioría procede da transformación de amplas zonas de matogueira, mentres que o resto de ganancias teñen a súa orixe na transformación de zonas avaliadas previamente como artificiais, xeralmente como zonas de extracción mineira (OSE, 2006). No período 2000-2005 as coberturas agrícolas permaneceron relativamente estables, non experimentando a penas cambios na súa superficie. Fluxos nas coberturas agrícolas 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0-1.000-2.000-3.000-4.000 1987-2000 2000-2005 Artificialización Transformación de coberturas forestais a agrícolas Transformación a coberturas forestais Transformación de coberturas artificiais a agrícolas Figura 6.- Fluxos nas superficies agrícolas durante os períodos 1987 e 2000 (CLC-Change 1990-2000) e 2000-2005 (CLC- Change 2000-2006). 9

2.1.3 Coberturas artificiais As coberturas artificiais delimitadas por Corine Land Cover (CLC) inclúen as zonas Urbanas; zonas industriais, comerciais e de transportes; zonas de extracción mineira e en construción; zonas verdes artificiais, non agrícolas, etc. Estas coberturas artificiais representan, segundo CLC 2006, no ano 2005 un 1,7% do territorio galego. A maior extensión desta clase correspóndese con zonas urbanas (67%); seguidas das áreas destinadas á actividade mineira e en construción (17%), zonas industriais, comerciais e de transporte (15%) e, finalmente, as zonas verdes artificiais, non agrícolas, que ocupan o 1% do total. As bases de datos de cambios de coberturas de ocupación do solo CLC-Change 1990-2000 e CLC- Change 2000-2006 indican un incremento nas coberturas artificiais de 8.800 ha (0,3% da superficie galega) no período 1987-2000; este incremento vincúlase maioritariamente ao desenvolvemento das redes de infraestruturas de transporte (A6, A52 e AP9 fundamentalmente). No período 2000-2005 o incremento da superficie das coberturas artificiais foi de moita menor intensidade (2.500 ha), sendo as zonas industriais comerciais e de transporte as que rexistraron a maior parte deste incremento. De forma xeral a distribución das coberturas afectadas polo proceso de artificialización segue o mesmo patrón que a distribución xeral de coberturas en todo o territorio galego: a superficie máis afectada correspóndese con zonas forestais cunha clara diferenciación segundo o uso posterior. É de destacar no período 2000-2005 a porcentaxe de coberturas artificiais que provén da transformación doutra categoría artificial (OSE, 2006). Cambios nas coberturas artificiais 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% Orixe das novas coberturas artificiais 100% 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% Destino das novas coberturas artificiais 0% 1987-2000 2000-2005 Coberturas artificiais Coberturas agrícolas Coberturas forestais c e espazos abertos 0% 1987-2000 2000-2005 Zonas Urbanas Zonas industriais, comerciais e de transportes Zonas de extracción mineira, vertedoiros e de construción Zonas verdes artificiais, non agrícolas Figura 7.- Orixe das novas coberturas artificiais en porcentaxe nos períodos 1987-2000 (CLC-Change 1990-2000) e 2000-2005 (CLC-Change 2000-2006) e destino das novas coberturas artificiais en porcentaxe nos períodos 1987-2000 (CLC-Change 1990-2000) e 2000-2005 (CLC-Change 2000-2006). 10

2.2 Comparación con outras Comunidades Autónomas As coberturas de usos do solo en Galicia están representadas, na súa maior parte, por coberturas forestais, con preto do 61% do territorio segundo a información proporcionada por CLC 2006. Esta proporción sitúa a Galicia en niveis semellantes aos do resto de comunidades do Norte de España, que forman o grupo que maior porcentaxe do seu territorio posúen dentro desta categoría, composto por Asturias, Cantabria e Euskadi, e ás que tamén se sumaría Canarias e Ceuta. A seguinte categoría por orde de importancia superficial serían as coberturas agrícolas, que representan máis dun terzo (37%) da superficie galega, e que novamente volve a situar ao territorio galego en niveis semellantes ao resto de comunidades da Cornixa Cantábrica, inferiores á media nacional e aos doutras comunidades cunha dedicación agrícola moito máis representativa, como Andalucía, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Illes Balears, Murcia ou Extremadura. Con todo, contrasta bastante o tipo de agricultura da zona Norte de España, que ademais de supoñer unha menor representatividade espacial está máis orientada á gandaría (prados, pasteiros, cultivos forraxeiros) e á produción hortícola en pequena escala e autoconsumo, coa desenvolvida nas comunidades que posúen unha maior porcentaxe superficial, situadas en áreas de maior xericidade e polo tanto vencelladas a grandes superficies cerealísticas e aos cultivos de regadío que posúen un maior grao de intensidade. No tocante ás superficies artificiais, Galicia conta con menos do 2% dentro desta categoría, valor semellante á media española e ás comunidades limítrofes (Asturias, Castilla y León), aínda que inferior aos valores doutras comunidades do Norte de España (Cantabria, Euskadi), e sensiblemente inferior ás comunidades que posúen unha maior proporción do territorio ocupado por zonas artificiais, como Illes Balears, Canarias, Catalunya, Comunitat Valenciana, Madrid Ceuta ou Melilla. 100% Ocupación do solo en España (2005) 90% 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% Coberturas artificiais Coberturas agrícolas Coberturas forestais e espazos abertos Figura 8.- Porcentaxes de ocupación do solo nas principais clases de cobertura por Comunidades Autónomas de España no ano 2005. Fonte: Base de Datos CLC 2006. 11

A nivel xeral, as proporcións de cambios das clases de coberturas de uso do solo no territorio galego, para os períodos 1987-2000, e 2000-2005 seguen a tendencia xeral do total do territorio nacional, e do resto de Comunidades Autónomas do Norte da Península Ibérica. As coberturas artificiais creceron en todas as autonomías españolas en maior ou menor medida, especialmente no período 1987-2000 presentando en Galicia un aumento inferior á media española aínda que cercano ás proporcións de comunidades próximas e de características territoriais semellantes como Asturias ou Cantabria. Contrastan cos valores de cambio que amosan comunidades do centro e levante español, con aumentos de máis do 40% no período 1987-2000 (Madrid, Illes Balears, Comunitat Valenciana, Murcia). 70 60 50 40 30 20 10 0 Cambios nas coberturas artificiais 1987-2000 2000-2005 1987-2000 2000-2005 Figura 9.- Porcentaxes de cambio nas coberturas artifiiciais por comunidades autónomas de España nos períodos 1987-2000 e 2000-2006. Fonte: CLC-Change 1990-2000 e CLC-Change 2000-2006. Nas coberturas agrícolas, o descenso no territorio galego é case nulo, tendencia decrecente semellante á presentada no global estatal e ás Comunidades do Norte Peninsular con características territoriais similares ás galegas como Asturias e Euskadi, mentres que noutras comunidades o descenso é un pouco máis acusado como Illes Balears e Comunitat Valenciana e noutras o detrimento é superior como Madrid e Melilla. 2 0-2 -4-6 -8-10 -12 Cambios nas coberturas agrícolas 1987-2000 2000-2005 1987-2000 2000-2005 Figura 10.- Porcentaxes de cambio nas coberturas agrícolas por comunidades autónomas de España nos períodos 1987-2000 e 2000-2006. Fonte: CLC-Change 1990-2000 e CLC-Change 2000-2006. 12

No tocante ás coberturas forestais e espazos abertos, o descenso en Galicia presenta valores inferiores aos do territorio español, e se sitúa moi por debaixo dos descensos amosados en Andalucía, Extremadura, Murcia ou Illes Balears. No tocante ao resto de Comunidades do Norte Peninsular como Asturias, ou Euskadi as cifras galegas son moi similares aos destes territorios; pola contra noutras Comunidades setentrionais como Cantabria ou Navarra a superficie forestal incrementase a súa superficie de forma neta no período 1987-2005. 1,0 0,5 0,0-0,5-1,0-1,5-2,0-2,5-3,0 Cambios nas coberturas forestais e espazos abertos 1987-2000 2000-2005 1987-2000 2000-2005 Figura 11.- Porcentaxes de cambio nas coberturas forestais e espazos abertos por comunidades autónomas de España nos períodos 1987-2000 e 2000-2006. Fonte: CLC-Change 1990-2000 e CLC-Change 2000-2006. Figura 12.- As coberturas forestais ocupan case un 61 % do territorio galego. 13

2.3 Previsións futuras Á vista dos resultados obtidos na análise de coberturas de uso do solo elaborado a partir de CLC e as características territoriais, estruturais e socioeconómicas da Comunidade Autónoma Galega pódense mencionar algúns dos trazos principais que poden marcar a evolución futura nas Coberturas de uso do solo en Galicia. De forma xeral, pódese afirmar que os cambios nas coberturas dos usos do solo en Galicia serán graduais e progresivos, cun ritmo lento inferior ao doutras Comunidades Autónomas que experimentan un maior dinamismo nas súas coberturas do terreo. Polo tanto, pode falarse dunha tendencia a manterse o sistema territorial galego a corto e medio prazo. A pesares desta tendencia ao mantemento do sistema territorial e ao ritmo lento que se pode prever para os cambios nas coberturas de usos do solo en Galicia é previsible que os pequenos cambios xurdidos dentro da matriz estable continúen a tendencia xeral que se puxo de manifesto en anos pasados: incremento da superficie de coberturas artificiais en detrimento fundamentalmente da superficie das coberturas forestais e espazos abertos. É de esperar que ditos cambios xurdan en determinadas áreas do territorio galego xa que as zonas do interior de Galicia presentan en xeral unha tendencia demográfica máis regresiva que as áreas costeiras, fuxindo desta tendencia os concellos que albergan os núcleos urbanos e cabeceiras de comarca e as proximidades dos seus enlaces por estrada (Saco Álvarez, 2005; Xunta de Galicia, 2011); polo tanto é de esperar que as coberturas artificiais sigan incrementando a súa superficie nas comarcas litorais e nas proximidades das áreas urbanas e cabeceiras de comarca. Nos espazos da Rede Natura 2000, en concreto, e de acordo coa DC92/43/CEE que ten por obxecto contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres; os Estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, o deterioro dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivaron a designación das zonas. Polo tanto é de esperar que nestes espazos a dinámica de usos do solo conduza a incrementar a superficie dos hábitats naturais de interese comunitario listados no anexo I da DC92/43/CEE, e especialmente aqueles considerados prioritarios pola Directiva en detrimento de medios artificiais, superficies forestais con especies alóctonas e mosaicos agrícolas intensivos. As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia (Xunta de Galicia, 2011) constitúen o elemento central do conxunto de instrumentos de ordenación do territorio contemplados na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia. Estas teñen como finalidade establecer as pautas espaciais de asentamento das actividades, precisando a definición dun modelo territorial para Galicia; marcando unha serie de retos territoriais e unhas orientacións estratéxicas para o modelo territorial galego. Polo que a evolución futura das diferentes coberturas de uso do solo en Galicia se atopan en parte suxeitas a estas directrices. Entre as orientacións que propoñen as DOT se poden mencionar, entre outras, o favorecemento da compactidade, harmonización do desenvolvemento das cidades co fin de prever a urbanización difusa; fortalecemento dos núcleos tradicionais e do litoral e valorización do territorio; mellora da accesibilidade, mobilidade e comunicación; freo ao despoboamento rural e favorecemento do reequilibrio territorial; protección do patrimonio natural e cultural. 14

3. Inventario do sistema socioeconómico

3 Inventario do sistema socioeconómico No presente apartado achégase unha breve caracterización da poboación da Comunidade Autónoma de Galicia dende un punto de vista socioeconómico. Con este fin preséntase a evolución histórica recente, a situación actual e as previsións futuras dos parámetros socioeconómicos máis relevantes que caracterizan o territorio galego. Dita análise efectuarase a nivel provincial e autonómico. Para elo empréganse os datos proporcionados polos distintos organismos: Instituto Galego de Estatística (IGE), Instituto Nacional de Estatística (INE), Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Consellería de Medio Rural, etc. Ademais dunha revisión bibliográfica das principais obras de referencia do medio socioeconómico galego: Saco Álvarez (2005); Casal Lino (1992); Prada Blanco (2004); Bouzada Fernández (2005); Rojo Salgado (2005), etc. Figura 13.- A poboación dun territorio e as súas características son o resultado dunha serie de procesos históricos de carácter demográfico e extra- demográfico que se plasman na súa composición e distribución no territorio. 15

3.1 Poboación A poboación dun territorio e as súas características son o resultado dunha serie de procesos históricos de carácter demográfico e extra- demográfico que se plasman na súa composición e distribución no territorio (Saco Álvarez, 2005). Para o seu estudio débense ter en conta os conceptos que subxacen: a poboación atópase nunha dinámica permanente de cambio; o cambio natural, nacementos e defuncións; e os desprazamentos migratorios. As variables que permiten a mellor análise da súa situación ou estrutura son as de idade, sexo, relación coa actividade, nivel de estudios e loxicamente o seu asentamento espacial ou hábitat (Casal Lino, 1992). 3.1.1 Distribución territorial da poboación A Comunidade Autónoma de Galicia conta cunha poboación de 2.796.089 habitantes (segundo os datos proporcionados polo IGE no Padrón municipal de habitantes correspondente ao ano 2009), o que supón unha densidade de poboación de case 94 habitantes por km 2. Esta poboación sitúase preferentemente nas provincias da Coruña e Pontevedra (41% e 34% da poboación galega respectivamente). O conxunto das dúas provincias máis orientais representan o 25% da poboación da comunidade. En canto á concentración espacial da poboación destaca a provincia de Pontevedra na que a densidade de poboación é de 213 habitantes por km 2, seguida da provincia da Coruña con 144 habitantes por km 2, Ourense con 46 e Lugo con 36. Poboación e densidade de poboación 2009 Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Poboación (nº habitantes) 2.796.089 1.145..488 355.195 375.642 959.764 Densidade de poboación (nº hab./km 2 ) 94,54 144,09 36,03 46,15 213,52 Táboa 8.- Poboación e densidade de poboación no ano 2009. Fonte: IGE. Poboación 2009 34% 41% 12% 13% A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Figura 14.- Distribución provincial da Poboación Galega no 2009. Fonte: Elaboración propia a partires dos datos proporcionados polo Padrón municipal de habitantes (IGE). 16

A Comunidade Autónoma de Galicia abrangue unha extensión de 29.574 km 2. Desta superficie o 17% sitúase a unha altitude inferior aos 200 metros, mentres que case o 6,7% do territorio supera os 1.000 metros de altitude. Esta distribución física do territorio condicionará a distribución da poboación galega ao longo do espazo (IGE, 2009), dando lugar a un desequilibrio demográfico moi notable non só entre provincias senón, sobre todo, entre zonas do interior e zonas costeiras e entre os centros urbanos e as zonas rurais. As zonas do interior de Galicia en xeral presentan baixas densidades de poboación ademais dunha tendencia máis regresiva que as áreas costeiras. Foxen desta tendencia os concellos que albergan núcleos urbanos. Cabe sinalar que as cabeceiras de comarca e as proximidades dos seus enlaces por estrada presentan unha situación demográfica máis favorable que o resto de áreas. En xeral as áreas máis favorables dende un punto de vista demográfico posúen a súa vez un maior dinamismo demográfico que o resto (Saco Álvarez, 2005). Todo isto configura unha pauta de distribución da poboación desequilibrada, que apunta a un crecemento poboacional nas zonas urbanas costeiras e do interior, co conseguinte declive das zonas rurais do interior; configurando así unha especie de modelo gravitatorio, onde as concentracións humanas con máis peso exercen a súa atracción sobre as zonas menos poboadas e peor dotadas polo xeral de servizos e oportunidades de emprego (Saco Álvarez, 2005). Distribución territorial da poboación Figura 15.- Densidade de poboación por concellos 2009. Fonte: Elaboración propia a partires dos datos proporcionados polo IGE. 17

3.1.2 Dinámica da poboación A evolución da poboación, tanto no seu tamaño coma na súa estrutura é produto do efecto combinado de migracións, mortalidade e natalidade. O crecemento real dunha poboación é o resultado do seu crecemento natural ou vexetativo (nacementos- defuncións) e o saldo migratorio (inmigraciónemigración). Estes movementos da poboación están intimamente relacionados coa estrutura poboacional por idades e por sexo nas dúas direccións posibles: a estrutura poboacional determina os movementos naturais da poboación e os movementos migratorios modifican esta estrutura por idades e sexo. Evolución histórica da poboación A poboación galega aumentou en 815.574 efectivos dende o ano 1900 e o fixo dun xeito case constante ano a ano. Non obstante este incremento débese principalmente ao aporte das provincias da Coruña e Pontevedra, xa que as provincias de Lugo e Ourense amosaron unha evolución negativa de perda de habitantes. Ditas perdas producíronse a partir da década dos 50, xa que nas décadas anteriores houbo un lixeiro crecemento en ambas as dúas provincias. A provincia de Lugo foi a que sufriu unha evolución máis negativa xa que se perderon preto de 110.000 habitantes nos últimos 109 anos. A diferente evolución da poboación de cada provincia é consecuencia dos movementos da poboación (naturais e migratorios) rexistrados no pasado século e polo tanto da estrutura por idades e sexo da poboación. A pesares do incremento da poboación galega dende os comezos do século pasado esta perdeu peso de xeito importante dentro do conxunto de España (de 11 galegos por cada cen españois en 1900 pasouse a 6 galegos por cen españois no 2009). Os factores que están detrás de este menor dinamismo son tres e atópanse interrelacionados: a emigración que con distintas fases (intensidade e destino) percorreu todo o século XX; o alto número de falecidos debido ao progresivo envellecemento da poboación e a baixa natalidade que fai de Galicia unha das comunidades autónomas con menor ratio de fillos por muller (Prada Blanco, 2004). Evolución da poboación Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra 1900 1.980.515 653.556 465.386 404.311 457.262 1910 2.063.589 676.708 479.965 411.560 495.356 1920 2.124.244 708.660 469.705 412.460 533.419 1930 2.230.281 767.608 468.619 426.043 568.011 1940 2.495.860 883.090 512.735 458.272 641.763 1950 2.604.200 955.772 508.916 467.903 671.609 1960 2.602.962 991.729 479.530 451.474 680.229 1970 2.583.674 1.004.188 415.052 413.733 750.701 1981 2.753.836 1.083.415 399.185 411.339 859.897 1991 2.720.445 1.097.511 381.511 354.474 886.949 2001 2.732.926 1.108.002 364.125 344.623 916.176 2006 2.767.524 1.129.141 356.595 338.671 943.117 2007 2.772.533 1.132.792 355.176 336.926 947.639 2008 2.784.169 1.139.121 355.549 336.099 853.400 2009 2.796.089 1.145.488 355.195 335.642 959.764 % pob. 2009/1900 141,18 175,27 76,32 83,06 209,89 Táboa 9.- Evolución histórica da Poboación Galega e porcentaxe de variación da poboación de 2009 respecto á de 1900. Fonte: INE (Series Históricas de Poboación). 18

Evolución da densidade de poboación Figura 16.- Evolución histórica da densidade de poboación 1900-2009. Fonte: Elaboración propia a partires dos datos proporcionados polo INE (Series Históricas de Poboación). Movemento da poboación No presente apartado preséntanse de forma conxunta as características dos movementos naturais e migratorios da poboación galega dende o ano 1990; pola outra banda analízanse as características dos movementos naturais e migratorios (direccións principalmente) na actualidade. Para o conxunto de Galicia, pódese estimar que dende o ano 1990 ata o ano 2001 o crecemento real foi en case todo momento negativo como resultado directo dun crecemento natural negativo. O incremento da poboación inmigrante só conseguiu enxugar as perdas poboacionais nos derradeiros anos (dende o 2001 ata o 2008), nos que se rexistrou un crecemento positivo da poboación (Saco Álvarez, 2005). Esta evolución, presente para o conxunto de Galicia, non se observa de igual maneira nas catro provincias, xa que mentres as provincias da Coruña e Pontevedra tiveron dous períodos de crecemento positivo (a primeira metade da década dos 90, e o final do período estudado) debidos fundamentalmente aos fluxos migratorios positivos. Nas provincias de Lugo e Ourense a perda de efectivos está presente permanentemente a pesares dos fluxos migratorios positivos dos últimos anos. No caso da provincia de Ourense as inmigracións foron debidas fundamentalmente aos fluxos de retorno dos emigrantes das décadas pasadas. (Bouzada Fernández, 2005). 19

Movemento da poboación 20.000 20.000 15.000 15.000 10.000 10.000 5.000 5.000 0 0-5.000-5.000-10.000-10.000-15.000-15.000 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 Crecemento poboacional Saldo vexetativo Saldo migratorio 7.000 5.000 3.000 1.000-1.000 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008-3.000-5.000 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Figura 17.- Imaxe superior: Evolución dos saldos vexetativo, migratorio e crecemento poboacional en Galicia 1990-2008. Imaxe inferior: Evolución do crecemento poboacional nas catro provincias 1990-2008. Fonte: Elaboración propia a partires dos datos proporcionados polo IGE. No tocante ás características do movemento natural da poboación no ano 2008, pódese observar como en xeral o número de defuncións é moito maior ao número de nacementos (agás na provincia de Pontevedra onde os nacementos superan en 592 defuncións). A Comunidade Galega perdeu preto de 11.600 efectivos no ano 2008 debido ao movemento natural da poboación. As taxas brutas de natalidade e mortalidade (número de nacementos ou defuncións por cada 1000 habitantes) permítennos comparar as características do movemento natural da poboación nos diferentes territorios. A situación máis regresiva no 2006 dáse nas provincias de Lugo e Ourense onde as taxas de natalidade son de 5,6 e 5,7 nenos nacidos por mil habitantes respectivamente e as taxas de mortalidade superan amplamente ao dobre da de natalidade, alcanzando os 13,4 falecidos por mil habitantes. Na provincia de Pontevedra a situación é máis favorable xa que ambas as dúas taxas son iguais: 8,8 nacidos e mortos por cada mil habitantes, o que leva consigo un crecemento cero da poboación. A idade media á maternidade é moi similar nas catro provincias galegas: 31 anos; sendo as ourensás as nais máis novas e as coruñesas as máis vellas. 20

En canto a nupcialidade sinalar que a provincia cun maior número de matrimonios é A Coruña; mentres que se nos referimos á taxa bruta de nupcialidade (número de matrimonios por cada mil habitantes) a provincia de Pontevedra é a que posúe unha maior taxa. A idade media ao primeiro matrimonio é aproximadamente dous anos maior nos homes que nas mulleres. As provincias da Coruña e Lugo son nas que os matrimonios se producen a unha idade máis avanzada, mentres que en Ourense as parellas son as máis novas á hora de formalizar o primeiro matrimonio. Movemento natural da poboación Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Nacementos 23.062 9.773 2.197 2.135 5.957 Idade media á maternidade 31,1 31,3 31,1 30,9 31,0 Taxa bruta de natalidade 8,3 8,6 6,2 6,4 18,5 Defuncións 29.288 11.521 4.787 4.615 8.365 Taxa bruta de mortalidade 10,5 10,1 13,4 13,4 8,8 Saldo vexetativo -6.226-1.748-2.590-2.480 + 592 Matrimonios 10.432 4.686 1.099 1.036 3.611 Taxa bruta de nupcialidade 3,7 4,1 3,1 3,1 4,2 Idade media ao Homes 31,3 31,4 31,8 30,9 31,1 primeiro matrimonio Mulleres 29,2 29,4 29,3 28,8 29,1 Táboa 10.- Indicadores do movemento natural da poboación no ano 2008. Fonte: IGE. En relación aos movementos migratorios sinalar que, en xeral, no ano 2008 os desprazamentos dentro da comunidade foron superiores aos de fora da comunidade; do mesmo xeito, os desprazamentos intraprovinciais foron moi superiores aos interprovinciais. Á hora de emigrar os galegos preferiron marchar a outra comunidade do estado español que ao estranxeiro, mentres que os número de emigrantes que recibe a comunidade, con orixe no estado español, é similar ao procedente do estranxeiro. As provincias de Lugo e Ourense, son as que rexistran unha menor dinámica migratoria en todos os tipos de movementos. Movemento migratorio Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Emigración 87.107 37.948 9.812 12.513 26.834 Emigración interna 60.191 26.725 6.607 8.720 18.139 Á mesma provincia 49.140 23.482 4.518 6.549 14.861 A outra provincia de Galicia 10.781 3.243 2.089 2.171 3.278 Emigración externa 26.916 11.223 3.205 3.793 8.695 A outra CCAA 19.481 7.736 2.618 2.844 6.283 Ao estranxeiro 7.435 3.487 587 949 2.412 Inmigración 104.917 45.606 12.013 14.364 32.933 Inmigración interna 60.191 23.397 6.112 8.281 18.401 Da mesma provincia 49.410 23.482 4.518 6.549 14.861 Doutra provincia de Galicia 10.781 3.915 1.594 1.732 3.540 Inmigración externa 44.726 18.210 5.901 6.083 14.532 Doutra CCAA 22.561 9.397 2.882 3.113 7.169 Do estranxeiro 22.165 8.813 3.019 2.970 7.363 Saldo migratorio 17.810 7.658 2.201 1.851 6.099 Saldo interno -3.328-495 -439 262 Saldo externo 17.810 6.987 2.936 2.290 5.837 : Dato non procedente Táboa 11.- Migracións e saldo migratorio segundo tipo de migración no ano 2008. Fonte: IGE. 21

Estrutura da poboación A estrutura da poboación dun territorio é determinante á hora de definir a posible evolución da mesma a curto e longo prazo. Existen diferentes xeitos de analizar a estrutura demográfica por sexo e por idade. No presente apartado nun primeiro lugar preséntase a estrutura por sexo a través do índice de masculinidade (razón de homes fronte ao de mulleres nun territorio, expresada en tanto por cento). Nun segundo lugar analizarase a estrutura por idades da poboación facendo referencia aos indicadores de poboación facilitados polo IGE. En derradeiro lugar analizarase a estrutura da poboación en relación ao sexo e a idade por medio das pirámides poboacionais. En xeral nos países desenvolvidos o índice de masculinidade é inferior ao 100% debido á maior proporción de mulleres fronte a homes; feito que é unha realidade nas catro provincias galegas. A maior proporción de mulleres a atopamos nas provincias da Coruña e Ourense, mentres que a maior proporción de homes a atopamos na provincia de Lugo. Índice de masculinidade Galicia 93,30 A Coruña 92,63 Lugo 94,89 Ourense 92,68 Pontevedra 93,73 Táboa 12.- Índice de masculinidade no ano 2009. Fonte: IGE. A poboación galega caracterízase, no seu conxunto, por altos niveis de envellecemento, consecuencia directa e causa indirecta dunha baixa natalidade e á súa vez causa de altas taxas de mortalidade. Considerando soamente a incidencia do movemento natural da poboación, a poboación galega leva moito tempo nun proceso de franca regresión, especialmente nas provincias orientais. As migracións, máis independentes da estrutura por idades da poboación, están a conseguir, cada vez en maior medida, manter os niveis de poboación (Saco Álvarez, 2005). Comparando a estrutura por idades da poboación do territorio nos anos 1975 e 2009 pódese observar como a poboación sufriu un forte envellecemento nestes 35 anos; especialmente na provincia de Ourense. Segundo os diferentes índices a provincia máis nova é a de Pontevedra mentres que a máis vella é a de Ourense. O índice de envellecemento representa a relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación menor de 20 anos mentres que o índice de sobreenvellecemento representa a relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos. Ambos os dous son indicativos do grao de envellecemento dun territorio. No primeiro dos índices destacan as provincias de Ourense e Lugo con taxas de máis de 200 puntos, seguidas da Coruña con 133, mentres que Pontevedra non acada os 105. No caso do índice de sobreenvellecemento a situación na comunidade é mais regular aínda que volven a ser as provincias de Lugo e Ourense as que teñen unha taxa máis elevada. Especialmente significativas son as taxas de dependencia da poboación, xa que son indicativas da estrutura por grandes grupos de idade da poboación, se ben tamén reflicten de forma indirecta información acerca da sanidade económica da sociedade, ao indicar a poboación en idade non activa, fronte a que si o está. As taxas de dependencia relacionan o total de efectivos "dependentes", aqueles que se consideran poboación non activa, menores de 15 anos e maiores de 64, coa poboación activa. O índice de recambio da poboación activa mide a capacidade dunha poboación para substituír os individuos que entran na xubilación, xa que consiste na relación entre a poboación de entre 60 e 64 anos e a poboación de entre 20 e 24 anos. 22