IV CARREIRA SOLIDARIA: CORRE CON IMPLICADAS

Similar documents
Ayudas e incentivos para empresas

O Software Libre nas empresas de Galicia. Edición 2013

Anexo III. Medio socioeconómico

2 AXENDA DIXITAL DE GALICIA

Facts About Persoal Sanitario

Segunda lingua estranxeira: lingua inglesa

Types of Software and Accurate Educations

Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible

Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS)

PROGRAMACIÓN DE APLICACIÓNS JAVA CERTIFICACIÓN OFICIAL JAVA PROGRAMMER (SCJP) (70 horas)

PLANTAS INVASORAS DE GALICIA. Bioloxía, distribución e métodos de control » PLANTAS INVASORAS DE GALICIA. Bioloxía, distribución. e métodos de control

Universidade de Vigo e atención á diversidade: inclusión educativa de estudantes con Síndrome de Asperger

CiUG COMISIÓN INTERUNIVERSITARIA DE GALICIA

INTELIGENCIA DE NEGOCIO CON SQL SERVER

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso (Modelo)

XH 1º Aula 3D, Vicens Vives, autores: Albert Mas, A. e outros ISBN:

LINIO COLOMBIA. Starting-Up & Leading E-Commerce. Luca Ranaldi, CEO. Pedro Freire, VP Marketing and Business Development

Global Art: A Sense of Caring Nos Preocupamos por los Demas

Entrenamiento a Embajadores Ambassador training

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO (PF-2014/000025) - UGACOTA

INGLÊS. Aula 13 DIRECT AND INDIRECT SPEECH

Prova escrita de conhecimentos específicos de Inglês

Inovando sistemas com arquiteturas elásticas

LOS ANGELES UNIFIED SCHOOL DISTRICT REFERENCE GUIDE

THINK SUCCESS MAKE IT HAPPEN ANNA NOT MISSING HER ENGLISH CLASS. myclass AN ENGLISH COURSE THAT FITS YOUR LIFE

LBWN ALQUILAR CON OPCIÓN A COMPRAR

Enter Here ->> Superar la depresionantidepresivos

Coñecendo Ubuntu co SO.xug Introdución aos Sistemas Operativos Libres

ENVIRONMENT: Collaborative Learning Environment

Response Area 3 - Community Meeting

AP SPANISH LANGUAGE 2011 PRESENTATIONAL WRITING SCORING GUIDELINES

Great Schools Community Conversations Near Northeast. Welcome!

ISC Spain. Enjoy a unique experience.

PAU XUÑO 2010 INGLÉS

Summary report Technical workshop on principles guiding new investments in agriculture April 2015 VIP Grand Hotel, Maputo

LEARNING MASTERS. Explore the Northeast

Summer Reading and Class Assignments Rising Seniors

LOCAL VOLUNTEERING IN EUROPE. Mila Oreiro Artak Mkrtichyan European projets, entrepreneurship and network department

UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE LA COMUNIDAD DE MADRID PRUEBA DE ACCESO A ESTUDIOS UNIVERSITARIOS (LOGSE) Curso (Junio)

Cambridge IGCSE.

FOR TEACHERS ONLY The University of the State of New York

INGLÉS. OPCIÓN 1 Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.

Sales Management Main Features

Opción 1: Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.

TEACHER GUIDE STRATEGIES ACHIEVE READING SUCCESS. CURRICULUM ASSOCIATES, Inc. STARS SERIES E SPANISH EDITION

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA TODAS AS MANS SON NECESARIAS. Unidades Didácticas Educación Infantil e Primaria. 25 de Novembro 2011

General Certificate of Education Advanced Level Examination June 2014

Owatonna - BCBSF Library Initiative Evaluation Plan Template March Data to be collected

INGLÉS OPCIÓN 1. Read the text and the instructions to the questions very carefully. Answer all the questions in English.

Marta Zorrilla Universidad de Cantabria

REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN Nº 56 EDUCACIÓN CERO-3

Estudos de xénero na literatura e na cultura

Ano 14 2ª época Nº 48 Marzo 2006 Experiencias pedagóxicas e informes

M2273-Updating Your Database Administration Skills to Microsoft SQL Server 2005

How To Improve Environmental Education In The Galespaagos

Despliegues en la Plataforma Cloud AWS Antonio Alvarez EMEA Business Developer Manager. SAP Forum Madrid, 12 Marzo 2015

Design of Scalable PGAS Collectives for NUMA and Manycore Systems

ArcHC_3D research case studies (FCT:PTDC/AUR/66476/2006) Casos de estudo do projecto ArcHC_3D (FCT:PTDC/AUR/66476/2006)

En esta guía se encuentran los cursos que se recomiendan los participantes en la implementación de un SGEn en dependencias del Gobierno Federal.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

boletín de ofertas de emprego

SOLICITUD DE DEVOLUCIÓN, REALIZADA POR UN CONTRIBUYENTE, DE RETENCIONES SOBRE DIVIDENDOS OBTENIDOS A PARTIR DE 1 DE ENERO DE 2011.

LOS ANGELES UNIFIED SCHOOL DISTRICT REFERENCE GUIDE

Comments on Draft OECD/IOPS Good Practices on Pension Fund s Use of Alternative Investments and Derivatives

J Intercultural communica0on, mee0ngs and nego0a0ons Seminars and case studies

FORMACIÓN E-LEARNING DE MICROSOFT

SUMMER PROGRAM APPLICATION

Youngstown City Schools Escuelas de la Ciudad de Youngstown

A FORMACIÓN PARA O EMPREGO

Bioinformática BLAST. Blast information guide. Buscas de sequências semelhantes. Search for Homologies BLAST

SPA 354 Spring 2013 Latin American Culture and Civilization Dept. Lit & Lang Texas A&M University-Commerce

Your summer goal: To practice what you have been learning in Spanish and learn more about the Spanish language and Spanish-speaking cultures.

EXAME DE PROFICIÊNCIA EM INGLÊS PARA PROCESSOS SELETIVOS DE PROGRAMAS DE PÓS-GRADUAÇÃO DA UFMG

Equity and Fixed Income

Horizon 2020 Y emprendedores en la red

How To Know If An Ipod Is Compatible With An Ipo Or Ipo (Sanyo)

Consumer Behavior (21916) Gert Cornelissen

Novas do Centro de Supercomputación de Galicia Marzo 2015

PAU XUÑO 2011 INGLÉS

Ask your child what he or she is learning to say in Spanish at school. Encourage your child to act as if he or she is your teacher.

Entrevista Kurt Meredith

LOS ANGELES UNIFIED SCHOOL DISTRICT REFERENCE GUIDE

RELACIÓN DE LIBROS COLEGIO SAN JOSE. CURSO

features características wall mount cabinets PRESTO range has been developed for networking solutions. Its

Transcription:

IV CARREIRA SOLIDARIA: CORRE CON IMPLICADAS CONTEXTO XERAL Implicadas/os no Desenvolvemento (www.implicadas.com) é unha organización crítica e feminista de cooperación ao desenvolvemento fundada en 1998 que basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas entende o traballo contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte en busca de espazos para que a cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, poidan tomar decisións sobre as súas vidas. Para Implicadas a pobreza é un problema político e polo tanto traballa na sensibilización e busca da participación da cidadanía galega na incidencia política, algo que promove a través de colaboracións co mundo da cultura, do deporte, con outras organizacións feministas e grazas á súa base de voluntariado. 1

Corre con Implicadas Implicadas No Desenvolvemento organiza, por cuarto ano consecutivo, o sábado 02 de maio de 2015 ás 17:00h. a IV CARREIRA SOLIDARIA en Oleiros coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros e da Universidade da Coruña a través do Inef Galicia. Ademais, este ano súmanse a estas colaboracións: ATP Entrenamento persoal, DJ Dani, AVAN, Masaje Ayurvédico, Atmósfera Sport, Cristalería El Reflejo e Xanzá Movemento ecocreativo. A carreira quedará supeditada ao seguinte REGULAMENTO 1) CORRE CON IMPLICADAS Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr pero si participar nesta IV edición de Corre con Implicadas. 2) LUGAR, HORA DE SAÍDA E PROBA Todas as categorías sairán do aparcamento da praia de Bastiagueiro, preto da Casa Da Silva (Rúa Mioporos. Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas. HORARIO CATEGORIA PROBA 17:00h JUNIOR, PROMESA, SÉNIOR E VETERÁNS FEMININO/MASCULINO 5.200 m aprox 17:05h ANDAINA 4.000 m aprox 17:45 h INFANTIL, CADETE e XUVENIL FEMININO/MASCULINO 2.600 m aprox 18:10 h BENXAMÍN e ALEVÍN FEMININO/MASCULINO 1.000 m aprox 18:20 h PREBENXAMÍN e PITUFOS/AS 150 m aprox 2

3) PERCORRIDO PLANOS DAS PROBAS 3

4

5

6

4) CATEGORÍAS DOS/AS PARTICIPANTES CATEGORIA ANOS PROBA PITUFAS/OS 2010 e posteriores 150 m aprox PREBENXAMÍN Atletas nados en 2008 e 2009 150 m aprox BENXAMÍNS Atletas nados en 2006 e 2007 1.000 m aprox ALEVÍN Atletas nados en 2004 e 2005 1000 m aprox INFANTIL Atletas nados en 2002 e 2003 2.600 m aprox CADETE Atletas nados en 2000 e 2001 2.600 m aprox XUVENIL Atletas nados en 1998 e 1999 2.600 m aprox JUNIOR Atletas nados en 1996 e 1997 5.200 m aprox PROMESA Atletas nados en 1993, 1994 e 1995 5.200 m aprox SENIOR Atletas nados entre 1992 ata Veteráns/as A 5.200 m aprox VETERÁNS/AS A Atletas dende 35 até 44 5.200 m aprox VETERÁNS/AS B Atletas dende 45 até 54 5.200 m aprox VETERÁNS/AS C Atletas de 55 en adiante 5.200 m aprox ANDAINA TODAS AS PERSOAS QUE O DESEXEN 4.000 m aprox 7

5) INSCRICIÓNS: As inscricións de todas as categorías faranse a través da páxina web: www.carreirasgalegas.com con prazo ata o mércores 29 de abril ás 23:59 horas. As categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns, tanto masculinas como femininas, requerirán chip para o seu control (sempre e cando a participación sexa masiva). Dada que é unha carreira solidaria en beneficio de Implicadas No Desenvolvemento o prezo da inscrición será o seguinte: - Donativo de 5 euros nas categorías junior, promesa, senior e veterán masculina e feminina e andaina. - Donativo de 3 euros para as restantes categorías. - DORSAL 0: donativo de 1 euro, 3 euros, 5 euros ou 10 euros por querer colaborar con Implicadas e non poder participar na carreira. - Donativo: todos aquelas persoas participantes na proba absoluta ou na andaina que desexen realizar un donativo a Implicadas poderán facelo dentro da propia inscrición da carreira. O pago farase mediante pasarela de pago instalada no boletín de inscrición na web www.carreirasgalegas.com Calquer dúbida ou problema poden enviar un e-mail a secretaria@implicadas.com IMPORTANTE: a data límite para inscribirse e poder participar na carreira solidaria MÉRCORES 29 de abril ás 23:59 horas non admintíndose baixo ningún concepto ningunha outra inscrición posterior a dita data e hora, nin por suposto o mesmo día da competición. A preinscrición non se efectuará se non 8

se fai o pago a través da pasarela de pago instalada no boletín de inscrición na web www.carreirasgalegas.com 6) RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS O mesmo día da proba, é dicir, o 02 de maio nas carpas habilitadas para tal efecto no lugar de saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. Tamén poderán recollerse o XOVES 30 nas instalacións do INEF. De 10:00 a 12:00h ao lado de conserxería, e de 15:30 a 21:00h. na biblioteca do INEF. As instalacións do INEF tamén estarán abertas e á disposición das persoas participantes o día da carreira para facer uso das duchas. DESCALIFICACIÓNS: toda persoa que incumpra as normas da competición ou as impostas nos regulamentos das probas en ruta pola FGA e RFEA será descalificada. 7) CONTROL DE CHEGADA: Todas as probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e o sistema de chips. 8) OUTROS SERVIZOS: Este ano como novidade teremos unha zona reservada para a recuperación post-carreira onde profesionais da actividade física e do deporte de ATP Entrenamento Persoal dirixirán unha sesión de estiramentos e farán recomendacións básicas sobre o exercicio físico. Tamén dispoñeremos neste mesmo espazo dun fisioterapeuta de ATP Entrenamento Persoal. 9

9) PREMIOS: Ao finalizaren as probas farase a entrega dos premios segundo a orden temporal na que se foron executando as mesmas. Toda persoa participante que chegue e pase a meta terá un agasallo de Implicadas, unha auga e unha froita. MEDALLAS: ás tres persoas mellores clasificadas de cada categoría (excepto para a andaina). LOTES SORPRESAS: sorteo de lotes sorpresas (un bono dunha masaxe aiurvédica donado por Piero Piga, lotes de merchadising de Implicadas, un lote de libros da escritora galega e fundadora de Implicadas, María Reimóndez, algunha figura en cristal agasallo da Cristalería El Reflejo e unha sesión para máximo 8 persoas de Danza movemento terapia en familia doada por Xanzá Movemento eco-creativo) facendo coincidir co número de dorsal que teña cada quen. 10

DESTINO DA RECADACIÓN A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO en Salem e EMPODERAMENTO DE MULLERES II en Tiruchy. Implicadas/os No Desenvolvemento é unha ONG galega de cooperación ao desenvolvemento fundada no ano 1998 e de base voluntaria. Conta con aproximadamente 50 persoas voluntarias e unha soa persoa contratada en Galicia. O seu obxectivo é traballar a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, en concreto coas mulleres, na procura da igualdade de xénero, a través da eliminación das estructuras de opresión Norte-Sur e contribuír a que todas as persoas teñan unha vida digna. Dende os seus comezos Implicadas desenvolve proxectos de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur. Unhas das tarefas principais de Implicadas en Galicia é a sensibilización da nosa sociedade sobre a pobreza, as súas causas e as súas solucións, para conseguir un mundo máis xusto e solidario. O programa de ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO en Salem é unha iniciativa promovida por Implicadas e a ONG támil People's Development Initiatives (PDI) en colaboración con numerosos actores locais (goberno, feministas, activistas) dende 2007 para tentar poñer fin ao infanticidio. É esta unha forma de violencia extrema contra as mulleres pola cal unha comunidade admite que se asasinen as nenas acabadas de nacer pola baixa consideración social das mulleres. Esta práctica leva a que a pirámide de sexos estea invertida para o distrito de Salem (hai máis homes que 11

mulleres, o cal contradí a tendencia natural) e que de cada 1000 nacidos falten 200 nenas. O noso programa traballa en catro bloques do distrito de Salem, cunha poboación de máis de 200.000 persoas, e incide en aspectos paliativos como o seguimento de mulleres embarazadas pero o seu obxectivo último é contribuír a un cambio nos patróns de xénero que faga inadmisible toda forma de violencia contra as mulleres. No último censo de 2011 e por primeira vez dende que hai rexistros, aumentou o número de nacementos de nenas en Salem fronte ao de nenos, un feito que cómpre celebrar como resultado dun traballo continuado de diferentes actores e no que tamén se enmarca o noso programa. ACTIVIDADES APOIO ÁS MULLERES EMBARAZADAS E ÁS SÚAS FAMILIAS Acotío, as traballadoras de base desenvolven sesións personalizadas coas mulleres e as súas familias xénero. nas súas casas, nas que tratan temas relativos ao xénero, alimentación, saúde e hixiene. As sesións comezan dende que a muller entra no programa e continúa ata o parto. A partir de aí, se o bebé é unha meniña, faise seguimento ata 18 meses para evitar que a nena sexa asasinada ou abandonada, caso no que as sesións continúan coa mesma intensidade, sobre todo centrándose nos aspectos de Ademais, o persoal de base identifica os casos nos que as mulleres reciben fortes presións para producir un varón e os derivan ás asesoras especializadas, que visitan ás mulleres e ás familias para apoialas e tentar cambiar as actitudes a través do diálogo e tamén aseguran a protección da nena. ACTIVIDADES PARA O CAMBIO NAS PERCEPCIÓNS E COMPORTAMENTOS DE XÉNERO Se ben as actividades anteriores son importantes, dende o enfoque do programa o fundamental é 12

cambiar as percepcións de xénero que permiten que exista o infanticidio e outras formas de violencia de xénero relacionada. Para isto trabállase con diferentes estratexias que de seguido detallamos. Formación de grupos de axuda mutua e aforro. Esta importante ferramenta facilita que as mulleres teñan acceso ao capital para negocios ou necesidades correntes do día a día, pero tamén cumpre unha importante función en canto ao seu empoderamento, xa que son unha fonte de apoio mútuo e melloran a súa autoestima e capacidades de acción política. Capacidades para a vida para adolescentes. Co obxectivo de sensibilizar á mocidade sobre a igualdade de xénero e mellorar as súas capacidades xerais organízanse cursos de dúas tardes nos que se tratan, ademais do tema xeral da igualdade de xénero, temas como resolución de problemas, empatía, relacións interpersoais, pensamento crítico, comunicación, pensamento creativo, xestión do estrés. coñecemento propio, toma de decisións ou xestión das emocións. Formación de clubs de xénero. O persoal do proxecto falou coa mocidade para crear clubs de xénero co obxectivo de provocar cambios neste sentido nas e nos integrantes e en toda a comunidade. A mocidade amosouse moi disposta. O programa fai fincapé tamén no papel fundamental da mocidade na erradicación do infanticidio. Os resultados están a ser moi positivos porque as e os integrantes dos clubs comezaron a informar ao persoal sobre casos de risco de infanticidio. 13

Campañas de teatro de rúa. O teatro de rúa é unha ferramenta para provocar debate e transformar os papeis de xénero. O programa conta cun equipo voluntario de 10 mulleres, incluídas as traballadoras do proxecto, que realizan actuacións en lugares públicos das aldeas para difundir mensaxes contra o infanticidio e outros aspectos relativos á igualdade de xénero, dende a alfabetización aos matrimonios de adolescentes. Centro de atención ás mulleres. O proxecto conta tamén cun centro de apoio ás mulleres, dotado de persoal cualificado, como un avogado e unha activista feminista. As mulleres da comunidade poden acudir ao centro para buscar asesoramento e axuda en casos de violencia e outros problemas graves aos que se enfrontan como bigamia, herdanzas, abandono familiar, etc. O outro proxecto vixente é o EMPODERAMENTO DE MULLERES en Tiruchy II. O Empoderamento de mulleres é unha iniciativa promovida por Implicadas e a ONG támil People's Development Initiatives (PDI) co obxectivo de conseguir o empoderamento das mulleres e un desenvolvemento con enfoque de xénero a todos os niveis entre as comunidades empobrecidas. 14

Entre os anos 2008 e 2013 Implicadas e PDI traballaron en 5 suburbios e 5 aldeas do distrito de Tiruchirapalli cunha visión integral da erradicación da pobreza dende o xénero e atendendo ás migracións rurais-urbanas. En 2013 deuse por concluída con éxito esta intervención e planificouse unha segunda fase do traballo, seguindo a mesma estrutura e filosofía pero en 5 aldeas e 5 suburbios novos, que se inclúen a continuación e nos que se traballará nos próximos cinco anos. ACTIVIDADES: EMPODERAMENTO DE MULLERES Formación de grupos de axuda mutua e aforro. Esta valiosa ferramenta facilita que as mulleres teñan acceso ao capital para negocios ou necesidades correntes do día a día, pero tamén cumpre unha función fundamental en canto ao seu empoderamento, xa que son unha fonte de apoio mutuo e melloran a súa autoestima e capacidades de acción política. Alfabetización de mulleres adultas. O programa tenta superar o analfabetismo imperante sobre todo beneficiarias nunha mesma casa para aumentar a eficiencia. entre as mulleres cun programa específico axustado ás súas necesidades a través do cal as traballadoras de base van identificando e visitando regularmente ás mulleres analfabetas. As clases impártense de forma diaria na casa das interesadas durante as horas que teñen libre durante o día e tentando reunir a varias Capacitación laboral e xeración de ingresos. Esta parte do programa busca o reforzo económico das mulleres e para iso organizaranse formacións de capacitación laboral e fomentarase a creación de empresas grazas a crédito 15

ofrecido do fondo rotatorio do programa coñecido como Programa de xeración de ingresos. ACTIVIDADES EDUCATIVAS E SANITARIAS Clases de apoio. Para compensar a falta de apoio familiar na educación (debido ao analfabetismo dos proxenitores ou outras circunstancias) e para axudar ás crianzas a mellorar na educación, especialmente ás nenas, o proxecto puxo en marcha clases de apoio en todos os suburbios e aldeas incluídas neste. Cada día á tardiña as nenas e nenos reúnense coa traballadora de base para repasar temas, facer os deberes ou aprender novos contidos. Sensibilización de xénero. Campañas xerais en todos os suburbios e aldeas sobre xénero para que axude ás mulleres a comprender mellor os seus dereitos e os atrancos á hora de exercelos. Actividades sanitarias. A saúde é outro piar fundamental do empoderamento e por iso o programa organiza campañas de sensibilización sobre a saúde en cada unha das aldeas e suburbios. As campañas cubren os aspectos importantes da hixiene menstrual, o tratamento precoz das infeccións do aparato reprodutor, a necesidade de manter hábitos de alimentación saudables e a necesidade de espaciar os embarazos. Ademais, o proxecto colabora co equipo de prevención da VIH de PDI para organizar campañas de sensibilización sobre as ITS/VIH/SIDA e a tuberculose nas zonas de intervención. O programa presta tamén atención ás persoas con discapacitade, mediando para que poidan acceder aos beneficios gobernamentais que lles correspondan e presta tamén atención especial á saúde das mulleres e fai seguimento das mulleres embarazadas para asegurar a vacinación e seguimento médico axeitado. 16

17