MÁSTER EN FILOSOFÍA. CUESTIÓNS ACTUAIS GUÍA DOCENTE 2015-16 A CUESTIÓN RELIXIOSA: FE, FILOSOFÍA E CIENCIA 1. INFORMACIÓN BÁSICA DESCRICIÓN A materia ten o código P5121208. É unha materia optativa do segundo cuadrimestre, dependente dos Departamentos de Filosofía e Antropoloxía Social e de Ciencias Morfolóxicas, de tres créditos ETCS, do Máster en Filosofía: Cuestións actuais. PRERREQUISITOS Non require necesariamente dunha formación previa, ainda que ter coñecementos xerais sobre a historia da relixión, a historia das ciencias e a historia da filosofía resulta de moita utilidade. 1
IMPARTICIÓN Será impartida na lingua castelá. A materia impártea o prof. Titular, do Dpto.. de Filosofía e Antropoloxía Social, Luis Rodríguez Camarero e a profa. María del Carmen Díaz Ruiz do Dpto.. de Ciencias Morfolóxicas ( 6 horas de docencia). A información relevante da materia, asi como os avisos e cualificacións, será subida á páxina desta no campus virtual da USC. O horario da materia é o seguinte: Aulas expositivas e interactivas: TITORÍAS Os horarios do prof. Luis Rodríguez Camarero son os seguintes: luns de 11:00 a 13 ; martes de 12:30 a 13:30; xoves de 11,30-12,30 e venres de 11,30 a 12,30 no despacho 204; 2º andar. O tfn. do despacho é o: 881812535 (ou extensión 12523). Para consultas fora das horas de titorías pode usarse o e-mail: luis.rodriguez@usc.es 2. CONTIDOS / Prof. Luis Rodríguez Camarero: - Relixión e filosofía. - Relixión e ciencia. - A cuestión da orixe da relixión en Spinoza, en Hume y en Feuerbach. 2
- O problema da ciencia e a fe na Carta a Cristina de Lorena de Galileo. - O deísmo na Profesión de fe del vicario Saboyano de Rousseau. - A crítica da relixión natural nos Díálogos sobre religión natural de Hume. - O problema da ciencia e a fe en Darwin. Bibliografía básica : - Fraijó, M., Filosofía de la religión. Estudios y textos, Madrid, Trotta, 1994. - Spinoza B. De., Ética demostrada según el orden geométrico (trad.. y notas de Atílano Domínguez), Madrid, Ed. Trotta, 2005. - Feuerbach, L., La esencia de la religión, Madrid, Páginas de espuma, 2005. - Galileo Galilei, Carta a Cristina de Lorena (trad. y notas de Moisés González), Madrid, Alianza, 1987. - Beltrán, A., Galileo, ciencia y religión, Barcelona, Paidós, 2001. - Redondi, Galileo herético, Madrid, Alianza, 1990. - Rousseau, Jean-Jacques., Profesión de fe del vicario saboyano ( trad.. y notas de Antonio Pintor-Ramos, Madrid, Ed.. Trotta, 2007. - Hume, D., Diálogos sobre religión natural ( prólogo de Eduardo Nicol), México, F.C.E., 1978. - Hume, D., Diálogos sobre religión natural e Historia natural de la religión (prólogo de Javier Sádaba), Salamanca, Ed.. Sígueme,1974. - Ayer, A. J., Hume, Madrid, Alianza Ed.., 1980. - Darwin Ch., Autobiografía, Pamplona, Ed.. Laetoli, 2008. - Ruse, M., Charles Darwin, Madrid, Katz editores, 2008. - Ruse, M., Puede un darwinista ser cristiano, Madrid, Ed.. Siglo XXI, 2007. 3
/Profa. María del Carmen Díaz Ruiz: TEMA: CIENCIA E RELIXIÓN Diálogo ciencia,filosofía e teoloxía / Ciencia en diálogo coa filosofía e a relixión: - Enfermidade,dor, sufrimento. Identidade do ser humano: Enfermidade de Párkinson. Células nai e terapia rexenerativa. - Liberdade e responsabilidade, autoconsciencia: Mente e cerebro. - Orixe e sentido do universo e da vida humana: Evolución cósmico-biolóxica. Bibliografía complementaria: -Torres Queiruga, A., Fin del cristianismo premoderno. Retos hacia un nuevo horizonte, Santander, Sal Terrae, 2000. - Udías, Agustín., Ciencia y Religión. Dos visiones del mundo, Santander, Sal Terrae, 2010. - García-Doncel, M., El diálogo Teología-Ciencias hoy, Cuadernos Institut de teología fonamental, 2003. - Antoine Lutz, Julie Brefczynski-Lewis, TomJohnstone, Richard J.Davidson,Regulation of. The Neural Circuitry of. Emotion by Compassion Meditation:Effects of. Meditative Expertise, PLOS one 2008. 4
- Ayala, Francisco de., Darwin y el diseño inteligente. Creacionismo, cristianismo y evolución, Madrid, Alianza Ed., 2007. - Schmith- Moltmann, Teología de la creación en un mundo en evolución, Ed.. Verbo Divino, 2005. 3. METODOLOXÍA DA DOCENCIA TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos: (1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa aberta á participación e o debate. (2) Aulas interactivas. Nestas farase unha análise detallado de textos e tamén a exposición dos traballos feitos polo alumnado 4. AVALIACIÓN Para avaliar a parte da materia impartida polo prof. Luis Rodríguez Camarero farase un exame. E a segunda parte da materia, impartida pola profa. María del Carmen Díaz Ruiz será avaliada mediante un traballo de investigación. De alguén copiar en calquera momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas ou responder a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame. 5
5. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA - Asistencia obrigatoria a clase. A asistencia a clase é fundamental para a comprensión dos contidos fundamentais da materia. - Preparación das clases interactivas. - Estudio continuo da materia. TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten, é de horas: ---Traballo presencial do alumno (asistencia a clases expositivas e innteractivas): 30 horas. -Traballo persoal do alumno ( actividade de investigación e estudo): 45 horas. 6