FACULTADE DE FILOLOXÍA Estudos de xénero na literatura e na cultura Mª Consuelo de Frutos Martínez Teresa Moure Pereiro GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2015/2016
FACULTADE DE FILOLOXÍA. AUTORES: Mª Consuelo de Frutos Martínez. Teresa Moure Pereiro. Edición electrónica. 2015 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.
1. Materia: Denominación da materia do mestrado Código Mestrado Estudos de xénero na literatura e na cultura P5191222 Estudos teóricos e comparados na literatura e na cultura Número de créditos 3 2.- Docencia: Docente Teresa Moure Lingua empregada Galego Facultade Facultade de Filoloxía Gabinete 210 Teléfono 881 8111818 11992 E-mail teresa.moure@usc.es Semestre segundo Calendario das clases Marzo 28, 30 presenciais Abril 1, 4, 6 Horario e sede Mestrado 18.30 20.30 Aula D07 Horario de recibimento Docente Mª Consuelo de Frutos Lingua empregada Galego e castelán Facultade Facultade de Filoloxía Gabinete 429 Teléfono 881 8111818 11876 E-mail mconsuelo.defrutos.martinez@usc.es Semestre segundo Calendario das clases presenciais Abril 8, 11, 13, 20, 26 Horario e sede Mestrado 18.30-20.30 D07 Horario de recibimento Unha hora antes de cada sesión de mestrado
3. Obxectivos da materia Familiarizarmos o estudantado cos estudos de xénero, coas achegas das aproximacións críticas e teóricas máis relevantes, así como demostrarmos a aplicabilidade dos estudos á análise da sociedade e das súas manifestacións culturais e artísticas, en particular ao caso do sistema literario italiano (en italiano e en traducións desde o italiano e para o italiano). Analizarase a presenza e difusión das escritoras italianas, con especial interese por aquelas novelistas con traducións a partir do ano 2000. 4. Contidos 4. 1. Feminismo(s), Estudos de Xénero e análise socio-cultural. A encrucillada do xénero na post-modernidade: a crítica da representación formulada nas artes plásticas e visuais, a teoría queer na filosofía e no activismo contemporáneos. A crise e o pulo do feminismo na arte e na literatura. (Docente: Teresa Moure) 4. 2. Mulleres e literatura. Características da literatura dende unha perspectiva de xénero. Tradución e recepción da narrativa italiana escrita por mulleres en España. (Docente: Mª Consuelo de Frutos). 5. Metodoloxía Sesións expositivas que se alternarán con seminarios onde se solicita a participación activa e crítica do estudantado. 6. Sistema de Avaliación A nota final da materia resultará da participación activa e informada nas sesións, así como da realización das lecturas indicadas e das diferentes actividades propostas. A asistencia é obrigatoria, e un número de ausencias sen xustificar que supere o 25 % das horas de docencia implicará o suspenso final, polo que estes alumnos terán que acudir ao exame escrito da segunda oportunidade, con preguntas relativas aos contidos da materia.
7. Bibliografía xeral Amorós, C. e De Miguel, A., eds. (2005) Teoría Feminista: De la Ilustración a la globalización. Vol. 1-3. Minerva, Madrid. Butler, J. (1990) Gender trouble. Feminism and the subversion of identity, New York: Routledge, 2ª ed. 1999. Trad. esp. de MªAntonia Muñoz, El género en disputa. El feminismo y la subversión de la identidad. Madrid: Espasa, 2007. Cameron, D. (1994) Feminism and linguistic theory. Basingstoke: McMillan Press, 2 ed. revisada, orix. de 1986. Ciplijauskaité, B. (2004) La construcción del yo femenino en la literatura. Univ. de Cádiz. Connell, R. W. (1995) Masculinities. Berkeley: University of California Press. Díaz Narbona & A. Aragón Varo, eds. (2005) Otras mujeres, otras literaturas. Madrid: Zanzíbar. Greene, G. & C. Kahn, eds. (1985) Making a difference: Feminist literary criticism. London & New York: Methuen Gutman, Mathew (2003) Changing Men and Masculinities in Latin America. Durham & London: Duke University Press. Kolmar, Wendy K. & Frances Bartkowski (2005) Feminist Theory. A Reader. Boston: McGraw-Hill. Jones, A. (2003) The feminism and visual culture reader. London & N.Y: Routledge. Mills, S. et alii (1987) Feminist readings- feminist reading. London: Harvester Wheatsheaf Moi, Toril (1988) Teoría literaria feminista. Madrid: Cátedra. Moure, T. (2012) Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Vigo: Galaxia. Richard, N. (1993) Masculino/femenino: Prácticas de la diferencia y cultura democrática. Santiago de Chile: Francisco Zegers ed.
Rodríguez, I. (2001) Cánones literarios masculinos y relecturas transculturales. Barcelona: Anthropos. Ruthven, K. (1984) Feminist literary studies: an introduction. Cambridge: Cambridge Univ. Press. Segarra, M. & A. Carabí, eds. (2000) Feminismo e crítica literaria. Barcelona: Icaria. Zavala, I., coord. (2000) Breve historia feminista de la literatura española (en lengua catalana, gallega y vasca). Barcelona: Anthropos. Arriaga, Mercedes (2010), "Escritoras italianas: violencia y exclusión por parte de la crítica". www.escritorasyescrituras.com. (2003), "Literatura escrita por mujeres, literatura femenina y literatura feminista en Italia", en Entretejiendo saberes. Actas del IV Seminario de AUDEM. Sevilla: Universidad de Sevilla. (2003), "Literatura comparada y literatura comparada en femenino. el caso de las escritoras españolas e italianas", en Estudios filológicos alemanes: revista del Grupo de Investigación Filología Alemana, 3, pp. 411-423. Arriaga, Mercedes et alii (2006), Italia-España-Europa: Literaturas Comparadas, Tradiciones y Traducciones Vol. II. Sevilla, ArCiBel Editores. Camps, Asumpta (2012), La traducción en las relaciones ítalo-españolas: lengua, literatura y cultura. Barcelona: Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona. Cuder Domínguez, Pilar (2003), "Crítica literaria y políticas de género", en Feminismo/s, 1, pp. 73-86. Frabotta, Biancamaria (1980), Letteratura al femminile. Itinerari di lettura: a proposito di donne, storia, poesia, romanzo. Bari: De Donato editore. Freixas, Laura (2000), Literatura y mujeres. Barcelona, Destino. (2009), La novela femenil y sus lectrices. La desvalorización de las mujeres y lo femenino en la crítica literaria española actual. Córdoba: Servicio de Publicaciones Universidad de Córdoba. Frutos Martínez, Mª Consuelo de (2010), Las traducciones castellanas de Dacia Maraini: sus paratextos, en Scrittura civile. Studi sull opera di Dacia Maraini, a cura di Juan Carlos de Miguel y Canuto. Roma: Giulio Perrone Editore, pp. 281-311.
Gilbert, Sandra M. y Gubar, Susan (1998), La Loca del desván: la escritora y la imaginación literaria del siglo XIX. Madrid: Cátedra. González de Sande, Maria Mercedes et alii (2008), Escritoras italianas: Géneros literarios y literaturas comparadas. Arcibel: Sevilla. Rasy, Elisabetta (2000), Le donne e la letteratura. Scrittrici eroine e ispiratrici nel mondo delle lettere. Roma: Editori Riuniti. Torrás Francés, María Ángeles, Tomando cartas en el asunto: las amistades peligrosas de las mujeres con el género epistolar, Zaragoza, Prensas Universitarias de Zaragoza, 2001. Zancan, Marina (1998), Il doppio itinerario della scrittura. La donna nella tradizione letteraria italiana. Torino: Einaudi. 8. DISTRIBUCIÓN DA CARGA HORARIA Horas presenciais 20 Horas non presenciais 4 Horas de traballo para o alumno 76 9.- RECOMENDACIÓN PARA O ESTUDO DA MATERIA Para poder participar nas clases recoméndase estar ao día coa lectura crítica do material bibliográfico indicado polas docentes.